IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Vitoria, vítima de violencia machista.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Éxito nas actividades de acollemento lingüístico no galego
Mañá, 14 de outubro, comeza coas prazas completas o Obradoiro de acollemento lingüístico programado para este outono polo Departamento de Lingua do Concello.
ACCIÓN CULTURAL
Amal 2021 trae a cultura árabe a Galicia con cinco longametraxes e documentais que se poderán ver do 25 ao 29 de outubro no Teatro Principal de Santiago
A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas presentou hoxe a decimonovena Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2021 no hotel Eurostars Araguaney de Santiago. No acto interviron, por este orde, o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e director da Semana de Cinema Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez; a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; e o secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.