TURISMO
O 9 de outubro remata o prazo de presentación de orixinais para a XII edición dos Premios Educacompostela
O Concello de Santiago, na Xunta de Goberno local do 20 de xullo de 2020, aprobou prorrogar o prazo de presentación de traballos á XII Edición dos Premios Educacompostela 2020, ata o 9 de outubro de 2020, mantendo o resto das bases da convocatoria inalteradas.
TURISMO
Santiago foi o segundo destino máis popular neste verán para os turistas españois
Santiago foi o segundo destino máis reservado en Civitatis polos turistas españois neste verán, segundo os datos desta plataforma líder na distribución en liña de actividades, excursións e visitas guiadas, tal como destacou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte. O concelleiro valorou os datos do pasado verán na cidade nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.
IGUALDADE
Este xoves remata o programa Artellando Feminismo coa proxección da longamentraxe "El proxeneta" e un posterior coloquio coa súa directora, Mabel Lozano
A proxección da longametraxe "El proxeneta" pon punto final ao programa Artellando Feminismo, no que, a través de oito xornadas on-line, se visibilizaron as desigualdades entre homes e mulleres, os estereotipos aínda presentes, e se proporcionaron ferramentas prácticas ás persoas asistentes que lles permitirán implicarse de xeito activo na transformación social, fomentando a toma de conciencia na igualdade de dereitos e oportunidades. Despois do filme, está programado un coloquio coa súa directora, Mabel Lozano. A...