DEPORTES
Reabren as instalacións deportivas da cidade de forma gradual e adoptando todas as medidas anti-COVID
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou esta mañá o programa de ocupación das instalacións deportivas municipais, que irán abrindo de forma progresiva, respectando sempre as limitacións impostas para a contención da COVID.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudícanse as obras de remodelación da rúa Concheiros por importe de 2.170.000 euros
A Xunta de Goberno local adxudicou, na sesión ordinaria celebrada esta mañá, a obra "actuacións no Camiño Francés en Santiago de Compostela: remodelación da rúa Concheiros", incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI, á UTE XAC-OREGA (UTE CONCHEIROS) por un importe total de 2.170.872,18 euros (IVE engadido).
ACCIÓN CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia pecha as Xornadas de Música Contemporánea, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave
A Real Filharmonía de Galicia porá o broche final ás Xornadas de Música Contemporánea, unha iniciativa impulsada polo Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e o Centro Galego de Arte Contemporánea; co apoio da Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago. O concerto celebrarase este mércores, 23 de setembro, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. Dirixirá a orquestra o Mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG.