ACCIÓN CULTURAL
O Festival de poesía Alguén que respira! reunirá a máis de corenta artistas do 19 ao 21 de setembro
O acontecemento da poesía que cada ano acolle o Teatro Principal de Santiago de Compostela, reunirá a máis de corenta artistas desde o 19 ao 21 de setembro, cun programa que este ano aposta por visibilizar a cultura. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o festival en rolda de prensa xunto co director do mesmo, Antón Lopo, que coordina un equipo formado por Manuel Martínez no deseño, Baltasar Patiño na iluminación, Cecilia Carballido na produción, Iris Cochón na coordinación...
COMERCIO
O Concello completa as opcións de comercio seguro para o comercio local cun selo propio a través da certificadora internacional SGS
Douscentos establecementos da cidade poderán obter o selo sen ningún tipo de custe para eles. A adhesión a esta campaña municipal suporá tamén unha importante vantaxe para os comercios adheridos, xa que a primeira renovación terá só un custo de 50 euros máis IVE.
ALCALDÍA
As cidades do Eixo Atlántico reivindican o seu protagonismo na reconstrución post-COVID
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na Conferencia de Presidentes do Eixo Atlántico, celebrada en Pontevedra, onde se reivindicou unanimemente o papel determinante que as cidades e os concellos desempeñaron durante a pandemia, cubrindo cos seus propios recursos os déficits doutras administración, dende os aspectos sociais e sanitarios de maior urxencia, incluíndo os educativos, ata os aspectos culturais e de motivación da poboación para resistir o confinamento.
MOBILIDADE
Roteiro para poñer proba a sostibilidade dos diferentes medios de transporte
Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e representantes da sociedade civil galega percorrerán Compostela en diferentes medios de transporte. O percorrido servirá para comparar a sostibilidade do bus urbano, do coche eléctrico, do patinete eléctrico e de camiñar en termos enerxéticos, de emisións de CO2 e de aforro económico.