ALCALDÍA
Compostela, elixida como sede do III Congreso de Cooperación Internacional
Santiago acollerá o III Congreso de Cooperación Internacional, que se celebrará os días 21 e 22 de febreiro de 2019. Así llo confirmou o presidente do Colexio de Médicos da Coruña ao alcalde na reunión que ambos mantiveron esta mañá.
CONVIVENCIA
A actividade da agrupación de Protección Civil en Santiago medra por terceiro ano consecutivo
A agrupación de Protección Civil en Santiago realizou o ano pasado 660 saídas, a cifra máis alta dos últimos exercicios. De feito, 2017 foi o terceiro ano consecutivo de incremento na actividade da agrupación de voluntarios e voluntarias, segundo o balance presentado hoxe. Foron, en total, case 2.400 horas de traballo da agrupación.
IGUALDADE
"Concha Castroviejo. Arelas de liberdade", creación audiovisual gañadora do II Premio Xohana Torres
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto no que se deu a coñecer o fallo do II Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual e se presentaron as bases da terceira edición. Este galardón recuperouse o ano pasado con motivo do Día Internacional das Mulleres grazas a un convenio coa USC, mantendo a esencia pola que se creou e orientándoo á recuperación da memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela.
CONSORCIO
Unha publicación do Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia percorre a historia da Banca Olimpio Pérez, que se funda en Compostela en 1845
O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar o libro Olimpio Pérez. Unha historia da Compostela moderna, de Xoán López Facal, que relata a historia da familia de banqueiros. Presentouse este mércores no Centro Abanca Obra Social, na praza de Cervantes, precisamente no mesmo edificio que acolleu a Banca Olimpio Pérez durante algo máis dun século.
ACCIÓN CULTURAL
Adriana Calcanhotto presenta "A mulher do Pau-Brasil" no Auditorio
Adriana Calcanhotto estrea o seu novo espectáculo, A mulher do Pau-Brasil en abril deste ano en Portugal e, nese mesmo mes, terémola presentándoo en Compostela. Este espectáculo marca a volta aos escenarios dunha das artistas brasileiras máis queridas no país veciño. O concerto de Santiago será o venres 27 ás 20.30 h, no Auditorio de Galicia.
DEREITO Á VIVENDA
Santiago e outras seis grandes cidades reiteran o seu rexeitamento ao Plan Estatal de Vivenda
Santiago e outras sete grandes cidades do Estado reiteraron hoxe a súa oposición ao Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, que o Goberno español prevé aprobar o próximo venres. Compostela, Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, A Coruña e Cádiz entenden que o Plan carece do orzamento necesario e lamentan que non priorice o fomento do alugueiro e as políticas de rehabilitación.
TURISMO
Turismo de Santiago confirma na ITB o interese pola cidade dos mercados de Europa do Norte
Turismo de Santiago participa na ITB, principal feira de turismo do mercado alemán, que se celebra en Berlín do 7 ao 11 de marzo. A participación da entidade municipal de promoción turística na ITB é unha das súas accións máis importantes do ano, xa que o mercado alemán é un mercado prioritario para a cidade.