XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local inicia o procedemento para revogar a licenza da planta de Miramontes
A Xunta de Goberno acordou hoxe incoar o procedemento de revogación de licenza de obras concedida para a construción da planta de tecnosolos de Miramontes, ao estimar que non se manteñen as condicións que motivaron a concesión dese permiso. A empresa responsable terá un prazo de 15 días para presentar as alegacións que considere oportunas.
ESPAZOS CIDADÁNS
Presentadas as Bases do Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago
A Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade abrirá no mes de marzo o proceso participativo vinculado á elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica, despois de que foran presentadas as súas bases na reunión da comisión de seguimento do Plan Especial. Na mesma reunión, celebrada este venres, tamén se presentou o documento de avance para a avaliación ambiental do Plan Especial.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras da avenida de Vilagarcía
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras da avenida de Vilagarcía, nas que se van investir 340.000 euros. Ademais, na reunión de hoxe acordouse a apertura do procedemento de licitación do proxecto de mellora da accesibilidade na rúa Triacastela. Este proxecto ten un orzamento de medio millón de euros.
ACCIÓN CULTURAL
"Me llamo Suleimán", a historia dos que teñen que abandonar o seu fogar e emigrar clandestinamente, no Teatro Principal
A compañía canaria Una Hora Menos presenta este sábado en Compostela Me llamo Suleimán, unha obra centrada na emigración clandestina entre África e España, adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano.