DEPORTE
Santa Isabel acolle este sábado o Campionato Galego de Grupos Show de patinaxe artística
O pavillón municipal de Santa Isabel acolle este sábado o XVII Campionato Galego de Grupos Show para Grandes e Pequenos de Patinaxe Artística. O evento está organizado polo Club Deportivo Fontiñas e contará coa participación de case 250 patinadores e patinadoras de toda Galicia.
ALCALDÍA
O Pleno abordará esta tarde o convenio para a construción da EDAR
O Goberno local levará ao Pleno da Corporación desta tarde o convenio con Augas de Galicia e Acuaes para a construción da nova estación depuradora de augas residuais "porque ese é o órgano municipal competente para aprobalo ou rexeitalo, e porque as outras administracións implicadas urxen unha resposta do Concello de Santiago ao respecto", en palabras do alcalde, Martiño Noriega, quen reiterou que "o grupo de Goberno non vai apoiar o texto, porque consideramos que non é un acordo bo para a cidade".
ALCALDÍA
O Concello require a clausura da planta de tecnosolos de Miramontes
O Pleno da Corporación acordou hoxe, por unanimidade, requirir a clausura da planta de tecnosolo de Miramontes e a restauración da zona da canteira, despois de que todas as analíticas confirmaran a existencia de vertidos e cheiros no contorno. Na sesión interveu Alfonso Manuel Fernández Otero, representante da Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes, que relatou as irregularidades que se veñen producindo na planta.
PLENO
O Pleno debaterá nunha próxima sesión o convenio para a construción da EDAR
O Pleno da Corporación debaterá nunha próxima sesión a adhesión ou rexeitamento do convenio con Acuaes e Augas de Galicia para a construción da Estación Depuradora de Augas Residuais. Na sesión de hoxe non se puido producir a votación, ao non ser levantado o reparo que a Intervención Municipal lle puxo ao expediente.
ACCIÓN CULTURAL
Un concerto da Banda Municipal, Uxía e Canto D’Aqui pechará a 4º Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director da Banda Municipal de Música de Santiago, Casiano Mouriño, participaron na rolda de prensa de presentación da 4ª edición da Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza, que homenaxeará a Rosalía de Castro nas cidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela a través da música, dos libros, da poesía, de tertulias e do teatro.