MOBILIDADE
A Semana da Mobilidade continúa este venres en Santiago co Parking Day e o Xadrez na Rúa
A Semana Europea da Mobilidade continúa coas súas actividades en Santiago. Este venres 29, os acto principais será o Parking Day máis unha actividade de Xadrez na Rúa. Será na rúa Doutor Teixeiro a partir das cinco da tarde.
IGUALDADE
Compostela acolle este fin de semana o Festival Rosalía
O Concello de Santiago colabora coa Deputación da Coruña, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Fundación Rosalía de Castro na organización do Festival Rosalía. Este evento celebrarase os días venres 29 e sábado 30 de setembro, conmemorando o centenario da escultura de Rosalía na Alameda compostelá.
EDUCACIÓN
Encontro con estudantes do Colexio Compañía de María participantes nun programa europeo de intercambio
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, xunto con outros representantes da Corporación municipal, recibiu un grupo de alumnos e alumnas do Colexio Compañía de María de Santiago. Os mozos e mozas deste colexio participarán no segundo encontro COME! 2017-2018, dentro do Erasmus + da Unión Europea, .
ACCIÓN CULTURAL
As Xornadas de Música Contemporánea 2017 ofrecen 18 concertos e inciden na confluencia da música con outras artes
Baixo a premisa de promover e difundir as últimas tendencias e contribuír á innovación na contorna musical, as Xornadas de Música Contemporánea congregarán un ano máis en Santiago a artistas e formacións referenciais da música de culto e de vangarda. Do 7 de outubro ao 25 de novembro, diversos espazos da cidade como o Auditorio de Galicia, o Paraninfo e a Igrexa da Universidade, o CGAC ou o Teatro Principal servirán de escenario aos 18 concertos que se inclúen na programación deste ano.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Máis de medio cento de colectivos participarán na Mostra do Posible de Cangas, presentada este xoves en Compostela
O Concello de Santiago acolleu hoxe a presentación da Mostra do Posible, un encontro de colectivos da economía social e movementos sociais que procuran un mundo máis xusto, e que se celebrará os días 7 e 8 de outubro en Cangas. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, exerceu de anfitrioa nunha rolda de prensa na que participaron o coordinador da mostra, David Esperón; a coordinadora da Rede de Solidariedade Popular de Vigo, Elisa Pérez; e as actrices Marta Pérez e Mónica Caamaño.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o alumnado do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu os/as participantes no Máster en Deseño Arquitectónico, organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
TURISMO
O Tren Turístico estrea a "Ruta dos Parques"
O Tren turístico de Santiago contará cunha segunda ruta que, con inicio e chegada no Obradoiro, percorrerá os principais parques da cidade. Esta nova ruta terá seis frecuencias ao día, saíndo ás 10:00, 11:30, 13:00, 16:00, 17:30 e 19:00 horas. O percorrido ten unha duración aproximada de 70 minutos. A nova ruta comeza a funcionar mañá venres 29 de setembro.