TURISMO
O certame Santiago(é)tapas celebrará a súa X edición do 2 ao 19 de novembro
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta en funcións da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, anunciaron as datas da décima edición do xa tradicional concurso de tapas da cidade, Santiago(é)tapas, organizado conxuntamente por ambas entidades. Será do 2 ao 19 de novembro.
EMPREGO
"O Forno dos Soños", novo programa municipal para o fomento do emprendemento
O Forno dos Soños é un novo programa enmarcado dentro das actividades da iniciativa Compostela Móvese. O programa, que busca por en valor o talento individual e grupal das persoas que participen, comeza o 25 de setembro. As candidaturas poderanse presentar ata o día 21 de setembro, ás 14:00 horas, mediante un formulario.../em>
POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago, primeiro concello galego en incorporarse á campaña "Vinde Xa"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, deu conta hoxe da adhesión do Concello de Santiago á campaña Vinde Xa. Esta iniciativa quere chamar a atención para que o Goberno español cumpra a súa promesa de acollida de máis de 17.000 refuxiados antes de rematar o prazo deste compromiso, que finaliza en 15 días. Dentro deste acto presentouse tamén a reedición do libro de ilustracións Pasaportes, sobre o drama da migración.
CONSORCIO
O Consorcio restaura o retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros, cun orzamento de 35.970 euros
O Consorcio de Santiago vén de restaurar o retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros, situada na praza homónima. O proceso de recuperación deste ben realizouno a empresa Techné, Conservación e Restauración de Bens Culturais, S. C., cun orzamento global de 35.969,67 euros.
DEPORTES
Compostela será saída e meta da última etapa da Volta Ciclista a Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou a que será a cuarta e última etapa da XVI Volta Ciclista a Galicia o vindeiro domingo 17 de setembro. O percorrido desta etapa desenvolverase na contorna da cidade de Santiago, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I.