XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de restauración do itinerario fluvial do Sarela
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial De ponte a ponte polo río Sarela. A actuación, que será executada grazas ao convenio asinado polo Concello e o Consorcio, conta cun orzamento de licitación de preto de 90.000 euros, e un prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA
O Concello e a Fundación ONCE colaborarán en accións para a integración social e laboral das persoas con discapacidade
O Concello de Santiago e Inserta, entidade sen ánimo de lucro promovida pola Fundación ONCE, van colaborar na posta en marcha de accións para a integración social e laboral das persoas con discapacidade. Así se establece no convenio asinado hoxe polo alcalde, Martiño Noriega, e o vicepresidente executivo da Fundación ONCE, Antonio Durán. No acto tamén estivo presente a directora da entidade en Galicia, Menchu Iglesias.
CONVIVENCIA
Descende o número de infraccións durante a campaña de control de velocidade en agosto
Os controis de velocidade realizados pola Policía Local de Santiago entre o 21 e o 27 de agosto, no marco da campaña da DXT, constataron un descenso no número de infraccións en relación á campaña do pasado ano por estas datas.
LINGUA
O programa Apego comeza as súas actividades de setembro con obradoiros e contos
O programa Apego trae novas actividades neste mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar. Entre as accións previstas figuran obradoiros de baile e tempo de lecer, teatro infantil e actuacións musicais.