CONVIVENCIA
O 98% dos vehículos controlados pola Policía Local de Santiago circulaba en boas condicións técnicas
A Policía Local controlou 792 vehículos durante a campaña de vixilancia e control das condicións do vehículo, impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico, e só 16 tiveron que ser denunciados. Esa cifra equivale ao 1,98%, fronte ao 8% que se rexistrara na campaña do ano pasado.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Seguen as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán
O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Veran 2017 continúa co seu calendario de actividades. Na semana do 17 ao 21 de xullo, os nenos e nenas descubriron Santiago de Compostela cos ollos dun peregrino.
FESTAS
Nada Surf e Ivy Moon actuarán este venres na Quintana no marco das festas do Apóstolo
Ás portas da última fin de semana de festas do Apóstolo, chega un venres cargado de música e actividades culturais.
PERSOAL
O Concello sube o soldo un 1% ao persoal municipal
O Concello de Santiago vén de aprobar unha suba salarial a todo o persoal municipal do 1% unha vez que entraron en vigor os orzamentos xerais do Estado, que recollen este incremento na retribución do funcionariado público.
MANTEMENTO E OBRAS
Novo pulo ás obras de mantemento da rede viaria
O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio dun novo paquete de actuacións na rede viaria de Santiago, tanto no ámbito urbano como no rural. Trátase de obras que, ou ben están incluídas no gran contrato de mantemento do Concello, ou ben son financiadas a través dos diferentes plans da Deputación da Coruña.
FESTAS
O espectáculo "Chané na Habana" chega a Santiago
Un grande espectáculo musical galego-cubano recordará o compositor José Castro González "Chané", no centenario do seu pasamento. O Alejandro Vargas Consort e a Camerata Egeria súmanse á voz de Rosa Cedrón para ofrecer unha revisión das obras deste compositor compostelán de fonda pegada na historia da música galega.