FACENDA
O Concello incorpora cláusulas sociais en todos os contratos públicos
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá a proposta de goberno para a incorporación de cláusulas sociais en todos os contratos. Con isto "conseguiremos unha contratación máis responsable e sustentable", avanzou a concelleira.
FESTAS
As festas do Apóstolo volverán ser escaparate para a música feita en Santiago de Compostela
O alcalde presentou hoxe as actividades incluídas na programación do Apóstolo nas que o Concello colabora coa sección local da Asociación Músicos ao Vivo, dentro do proxecto Compostela É! Música. Martiño Noriega reiterou que o Concello quere que "as festas sexan tamén un escaparate do que se fan os grupos e artistas de Santiago, que poucas veces teñen a oportunidade de mostrárense en escenarios únicos como a praza do Toural". Na rolda de prensa, o rexedor estivo acompañado por...
CONSORCIO
Once aspirantes preséntanse á praza de director técnico da Real Filharmonía
O Consorcio de Santiago está a avanzar no proceso selectivo para cubrir a praza de director técnico da Real Filharmonía de Galicia (RFG). Xa se fixo pública a relación definitiva de admitidos -aínda que con carácter de confidencialidade- e, dos 11 aspirantes que se presentaron á convocatoria, finalmente resultaron todos admitidos.
DEPORTE
A delegación compostelá nos Xogos do Eixo Atlántico acada dous ouros, un subcampionato e un bronce
A semana pasada, as localidades de Sarria, Lugo e Monforte de Lemos acolleron a XII edición dos Xogos do Eixo Atlántico que, con carácter bienal, reúnen nunha cidade integrante desta asociación transfronteiriza a case 2.000 rapaces e rapazas que conviven a través da práctica do deporte. A delegación compostelá que participou nestes Xogos será recibida hoxe en Raxoi ás 18:00 horas.
ALCALDÍA
Minuto de silencio no Obradoiro polo 20º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio con motivo do 20º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco, atendendo á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).