EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Certame de Danza Intercentros leva un ano máis a escena o traballo escolar nesta disciplina
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou, acompañado da profesora de danza Beatriz Viñal, o XII Certame de Danza Intercentros, Compostela en danza, que se celebrará o domingo 28 de maio, ás 19:00 horas, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. Uns 170 bailaríns e bailarinas dos centros de seis centros de ensino participarán nesta edición.
MOCIDADE E FESTAS
Dúas propostas dos orzamentos participativos da área de Mocidade, no programa da Ascensión
A concelleira de Mocidade presentou hoxe dúas das propostas incluídas na programación da Ascensión, saídas dos orzamentos participativos na área de mocidade. Trátase do Festival de Músicas do Mundo, que se celebrará o xoves 25 na praza do Toural, e do Cancelas Fest, previsto para o venres día 26 no barrio das Cancelas. Noa Morales salientou que "nas festas máis picheleiras ten todo o sentido que sexan os propios composteláns e compostelás os que decidan que programación queren".
IGUALDADE E FACENDA
Santiago de Compostela participará en proxectos europeos por valor de 4,6 millóns de euros
O Concello de Santiago participará no proxecto Wom@rts: Women’s Equal Share of Presence in the Arts and Creative Industries, da Comisión Europea, cuxo obxectivo é loitar contra a desigualdade de xénero no campo das artes e a cultura. Ademais o Concello vén de obter fondos por valor de 172.000 euros, ao ser aprobado pola UE o proxecto Atlantic Social Lab. Así o anunciaron este martes as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Economía e Facenda, María Rozas.
REPULSA
Minuto de silencio e bandeiras a medio mastro polo atentado de Manchester
Corporación e traballadores/as municipais gardaron esta mañá un minuto de silencio en respulsa polo atentado acontecido esta pasada noite en Manchester.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reivindica a "Compostela desexada" no Fórum Europa
O alcalde participou hoxe no Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum no Hostal dos Reis Católicos. Martiño Noriega aproveitou a súa intervención para reivindicar a "Compostela desexada" e para comprometer "o traballo da totalidade do grupo de Goberno para atender os grandes e pequenos retos que ten Santiago".
FESTAS
Arrancan as festas da Ascensión coa comparsa de cabezudos e a música na Quintana, Alameda e Toural
Este mércores 24 de maio arrancan as festas máis picheleiras. Comezan cinco días de festexos da Ascensión 2017, co disparo de bombas anunciando o inicio ás 12:00 horas e a comparsa de cabezudos polas rúas de Santiago media hora despois.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC programa diversas visitas guiadas a espazos emblemáticos de Compostela
A praza da Quintana acollerá, do 2 ao 11 de xuño, a primeira Semana do Libro de Compostela, SELIC, impulsada polo Concello de Santiago en colaboración co propio sector. Pero a SELIC é moito máis, con actividades como visitas guiadas para descubrir a noite compostelá, a Alameda, o Museo do Pobo Galego ou a Casa da Troia.