CENTROS SOCIOCULTURAIS
En marcha unha nova edición do programa "Vive o Verán" nos centros e locais socioculturais
A concelleira de Centros Socioculturais presentou hoxe unha nova edición do programa Vive o Verán, que pon en marcha este departamento co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar durante o mes de xullo. Concha Fernández explicou que a programación, que se desenvolverá nas mañás do mes de xullo, de luns a venres, pretende "converter as aulas de xogo dos centros socioculturais e os espazos naturais da súa contorna en lugares de encontro para o lecer estival, a socialización e o desfrute do ocio e...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música ofrece un concerto este sábado en Praterías con motivo das Letras Galegas
Este sábado 20 de maio, ás 12:30 horas, a praza das Praterías acollerá o Concerto do Día das Letras Galegas que tradicionalmente organiza a Escola Municipal de Música, iniciativa que se vén sumar á ampla programación cultural e educativa da nosa cidade e que ten como centro de interese a vida e obra do escritor Carlos Casares.
MEDIO AMBIENTE
Os locais de hostalería da zona histórica estrean un servizo de recollida de vidro porta a porta
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe un novo servizo para a recollida de envases de vidro porta a porta, que se porá en marcha o próximo luns nos locais de hostalería da zona histórica. Xan Duro estivo acompañado na rolda de prensa polo xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Pleno debaterá a suspensión da concesión de licenzas no antigo Colexio Peleteiro e da parte privada da Finca do Espiño
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe de dúas propostas que levará para o seu debate no Pleno da Corporación do próximo xoves, relativos ao ámbito do antigo Colexio Peleteiro e á parte privada da Finca do Espiño. Jorge Duarte explicou que se trata de dúas propostas para a suspensión temporal de concesión de licenzas, que van vinculadas á posible modificación da ordenación urbanística dos dous ámbitos
ALCALDÍA
O Concello homenaxeou a Carlos Casares na súa praza en Compostela
O Concello de Santiago rendeu homenaxe a Carlos Casares horas antes do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao escritor ourensán. O acto, presidido polo alcalde, Martiño Noriega, celebrouse na praza á que Carlos Casares lle dá nome en Compostela, situada no barrio de San Lázaro.