XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba novos convenios con entidades sociais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe convenios con diversas asociacións e entidades de carácter social, aos que se destinarán un total de 257.000 euros. Estes convenios súmanse aos aprobados na sesión da semana pasada, que beneficiarán a un total de 16 asociacións e entidades de carácter social, por un importen total de 249.500 euros.
FACENDA
Os Orzamentos Participativos rexistran preto de 260 propostas de investimentos
Rematado o prazo de presentación de propostas de investimentos, a web Compostela Decide rexistrou un total de 258 propostas para as áreas de cidade, rural, sueste e nordeste. No que respecta á área de mocidade, admitíronse, polo de agora, 16 propostas para actividades dirixidas á mocidade (entre 16 e 35 anos). O prazo para propoñer nesta área continúa aberto ata o 6 de outubro.
MOBILIDADE
O "Parking Day" abre as actividades da Semana da Mobilidade en Compostela
Hoxe comezan as actividades coas que o Concello de Santiago se suma á celebración da Semana Europea da Mobilidade, en colaboración con entidades como Greenpeace, Composcleta ou Cogami.