ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Comeza o curso con normalidade nos centros de educación de infantil e primaria de Santiago, con máis de 4.600 escolares
Máis de 4.600 rapaces e rapazas iniciaron hoxe o novo curso nos centros de Educación Infantil e Primaria de Compostela. O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, quixeron compartir a xornada con algúns deles e, ao longo da mañá, visitaron os CEIPs Lamas de Abade, Monte dos Postes e López Ferreiro.
POLÍTICAS SOCIAIS
O proxecto "Mutacións urbanas" achéganos cinco accións de creación colectiva para activar Compostela de xeito inclusivo
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá o proxecto Mutacións urbanas. Laboratorio de creación para activar a cidade dun xeito inclusivo. Na rolda estivo acompañada por Clara Rodríguez, responsable do mesmo.
CONVIVENCIA
A Policía Local realiza esta semana controis sobre o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil
A Policía Local de Compostela súmase á Campaña de vixilancia e control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil da Dirección Xeral de Tráfico. Por isto, os/as axentes intensificarán este tipo de inspeccións entre este luns, 12 de setembro, e o vindeiro domingo, 18 de setembro.