EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os comedores escolares estarán atendidos por monitores durante máis tempo e o servizo será avalado por unha nutricionista
O concelleiro de Educación e Cidadanía deu conta hoxe de todos os detalles da adxudicación do servizo de comedores escolares á empresa Serunión, despois de que a Xunta de Goberno dera onte o último paso neste procedemento, coa aprobación dos prezos públicos dos almorzos e xantares. O edil adiantou tamén que se están organizando unhas xornadas específicas para debater sobre o modelo de comedores.
TURISMO
O Concello aposta polo turismo familiar con Pokésan, mapa de poképaradas e ximnasios de Santiago de Compostela
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou Pokésan, novo proxecto de Turismo de Santiago dirixido a fomentar o turismo familiar na cidade aproveitando as posibilidades que abre Pokémon Go, un fenómeno de masas global cunha gran penetración entre rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. A concelleira estivo acompañada polo responsable do desenvolvemento informático de Pokésan, Camilo Ameijeiras.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reúnese coa conselleira de Medio Rural para coordinar actuacións en relación ao incendio de Fecha
O alcalde reuníuse hoxe coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, co obxectivo de coordinar actuacións en relación ao grave incendio rexistrado nas parroquias compostelás de San Xoán e Santa Cristina de Fecha. Martiño Noriega e a conselleira xa mantiveran un primeiro contacto a semana pasada, no que a responsable de Medio Rural adiantou a súa vontade de reunirse tamén cos representantes veciñais e cos afectados.