ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe os máis de 200 nenos e nenas que participan no campamento de verán do Centro Don Bosco
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e varios membros da Corporación recibiron esta mañá no Salón Vermello do Pazo de Raxoi aos máis de 200 nenos e nenas que participan este ano no campamento de verán do Centro Don Bosco, que se celebra do 1 ata o 12 de agosto.
DEPORTE E TURISMO
O atleta Carlos Barcala realizará o reto "Translatio", que conxuga promoción do Camiño de Santiago, deporte e superación
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o reto Translatio, que o atleta Carlos Barcala comezará o vindeiro sábado 6 de agosto.
CONSORCIO
A RFG participa en Música en Compostela con dous concertos de música española e galega dirixidos por Maximino Zumalave
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 59º edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 3 de agosto, e o segundo o venres día 5. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.