DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello lanza Efecto Proximidade para favorecer o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o programa Efecto Proximidade, acompañada de Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico de aCentral Folque, empresa contratada para a organización da actividade, e Marcos Teira, músico e director do espectáculo Flamenco impuro.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi a Agrupación Cultural O Galo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Agrupación Cultural O Galo, presidida por María Antonia Pérez.
ALCALDÍA
Encontro de Martiño Noriega coa presidenta do Museo de Historia Natural
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse en Raxoi coa directora do Museo de Historia Natural, María Isabel Fraga.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica a intervención na igrexa do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a intervención na igrexa do convento de Santa Clara á empresa Augasmestas Inversións do Rural, S.L. Co fin de eliminar as humidades que afectan ao templo, actuarase nas revocaduras, nas cubertas e no patio de acceso á igrexa. O importe global das obras, cun prazo de execución estimado de seis meses, ascende aos 108.334,18 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Cantigas e Agarimos estrea en Compostela o seu novo espectáculo, "Balbino"
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e Amparo Pérez, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos, presentaron hai uns días na Casa do Concello Balbino, o novo espectáculo da Agrupación Folclórica que se estrea no Auditorio de Galicia este domingo 27 de decembro ás 20:00 horas. Na rolda participaron tamén Manuel Amenedo, de Ditea Teatro, e Conchi Viñas, da EASD Mestre Mateo, entidades que colaboran no espectáculo.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Goberno municipal recolle as demandas veciñais cara a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica de Santiago
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presidiu unha reunión con diferentes colectivos veciñais, profesionais e culturais, no marco do proceso de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica. Jorge Duarte convocounos para escoitar as súas demandas cara o novo documento, e trasladárllas ao equipo redactor. Na xuntanza tamén participou o arquitecto municipal Javier Fernández, que será o responsable da xestión do novo Plan Especial.
COMERCIO
O Mercado de Nadal continúa na Praza de Abastos con 17 novos expositores
Dezasete novos postos formarán parte da seguinte quenda do mercado de Nadal, que se celebra na nave 5 da Praza de Abastos.