EMPREGO
O obradoiro de emprego "Ecotur xuvenil" acondicionará tres zonas de interese para a cidade
Participan 34 mozos e mozas que realizarán labores de acondicionamento no sendeiro de Galeras a Ponte Albar, na rota dos Ríos e nas "Brañas do Sar".
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello crea o programa Compostela Móvese para impulsar un novo modelo económico en Santiago
O obxectivo é fomentar un modelo económico para a Gran Compostela que tire proveito das fortalezas de Santiago: Capitalidade, Proxección internacional, Universidade, Cultura e Patrimonio. Compostela Móvese nace cun orzamento de 240.000 euros para este ano 2015, 100.000 dos cales destínanse a axudas para novas empresas.
DEPORTES
A selección española feminina de balonmán xogará en Santiago un partido de clasificación para o Europeo de 2016
A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou esta mañá o partido clasificatorio que enfrontará á selección española feminina de balonmán contra a selección austriaca. Un encontro que terá lugar o vindeiro mércores 7 de outubro ás 20:45 horas no Multiusos Fontes de Sar.
ALCALDÍA
O alcalde súmase á celebración do Día Internacional do Maior
O alcalde sumouse hoxe á conmemoración do Día Internacional do Maior, participando nos actos organizados por Afundación na súa sede da rúa do Vilar.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reúnese co alcalde de Boqueixón
O alcalde de Santiago reuniuse co seu homólogo en Boqueixón, Ovidio Rodeiro, nun encontro que se enmarca na rolda de contactos que Martiño Noriega vén mantendo nas últimas semanas cos rexedores da comarca. Os dous alcaldes falaron dalgunhas preocupacións comúns dos dous municipios, fundamentalmente en materia de infraestruturas e servizos.
FACENDA
O Concello aboará aos funcionarios o 25% da paga extra retida polo Goberno en 2012
O persoal municipal do consistorio compostelán recibirá no mes de outubro a cuarta parte da retribución extra do Nadal de 2012.
FACENDA
María Rozas remata a ronda de contactos sobre ordenanzas fiscais cunha xuntanza con Agustín Hernández
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, rematou a primeira ronda de contactos cos voceiros da oposición para tratar as ordenanzas fiscais. Rozas reuniuse co voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, ao que lle trasladou a proposta do Goberno local sobre as ordenanzas fiscais relativas aos impostos de devindicación anual do próximo exercicio.