PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade formará parte do plan de relanzamento turístico que prepara Turespaña
A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade reuniuse na tarde deste luns de forma telemática coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, para traballar de maneira conxunta nun plan de relanzamento do turismo nacional nas 15 cidades. O presidente do Grupo e alcalde de Eivissa, Rafael Ruiz, destacou que "é importante que conten coas 15 cidades para o plan de relanzamento que Turespaña está a organizar, co lema "España espérate". Evidentemente, o Grupo ten que apoiar ese plan de...
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello informa ás asociacións veciñais dos cambios na tramitación de obras e traballos menores a carón dos ríos
O Concello de Santiago de Compostela vén de informar á cidadanía, a través das asociacións veciñais, das modificacións na tramitación de obras e traballos menores no Dominio Público Hidráulico e na Zona de Policía dos ríos integrados na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica. O obxectivo destes cambios é ampliar o catálogo de actuacións que se poden acometer ao carón dos ríos con só unha declaración responsable...
POLÍTICAS SOCIAIS
O teléfono 010 atendeu 2.050 chamadas dende a súa posta en marcha
0 19 de marzo entraba en funcionamento o 010, o teléfono de axuda municipal, atendido polos voluntarios e voluntarias de Protección Civil. Dende ese momento e ata o 1 de maio incluído, recibiu 2.050 chamadas, a maioría delas solicitando tíckets especiais de compra.
ALCALDÍA
O alcalde apela á responsabilidade individual e colectiva da veciñanza á hora de iniciar a desescalada
Coa posta en marcha das primeiras medidas para a saída do confinamento, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fai un chamamento á cidadanía para que extremen as medidas de protección e apela á responsabilidade de cada un.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal sube este domingo ás redes sociais a peza "Compostela", dedicada á cidadanía de Santiago
O pasodoble "Compostela" e o bolero "Mira que eres linda" son as dúas pezas que a Banda Municipal de Música de Santiago programou para este domingo ao mediodía a través das redes sociais da formación e do Concello de Santiago. Ao non poder continuar cos seus habituais concertos do domingo a causa do estado de alarma decretado pola pandemia da COVID-19, a Banda está a subir ás redes sociais vídeos das súas audicións musicais. O obxectivo é que a cidadanía poida desfrutar da súa...
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Protección Civil repartiu mil máscaras na praza de Abastos este sábado
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitaron esta mañá a praza de Abastos. Nesta xornada de sábado, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil repartiron 1.000 máscaras a clientes e vendedores.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello pon a disposición da cidadanía de Compostela un medidor de distancias
Na xornada na que se abre á poboación a posibilidade de dar paseos en determinadas franxas horarias e a un máximo dun quilómetro do domicilio, o Concello pon a disposición da cidadanía un medidor de distancias.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Youtubeir@s publica as bases da edición de 2020
As persoas interesadas en participar na convocatoria de Youtubeir@s 2020 xa poden descargar as bases da web do certame e ir presentando os seus traballos a través da plataforma de vídeos de YouTube. As entidades organizadoras do proxecto, entre as que se atopa o Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Lingua, acordaron facelas públicas para facilitar a participación. Deste xeito, a vitalidade creativa que se está amosando durante o período de.../em>
PARQUES E XARDÍNS
O acceso ás hortas municipais queda permitido dende este sábado cunhas normas de uso e quendas
De acordo coa previsión para o levantamento das limitacións de ámbito nacional establecidas no estado de alarma polo Goberno de España, o Concello de Santiago de Compostela permite dende este sábado, 2 de maio de 2020, o acceso ás hortas urbanas municipais baixo certas medidas de seguridade.
FESTAS
O concerto de Bad Religion no Multiúsos do Sar aprázase ao 14 de maio de 2021
Debido á situación actual polo COVID-19, o concerto de Bad Religion previsto para o 30 de maio queda aprazado para o venres 14 de maio de 2021. Todas as entradas adquiridas para a xira deste ano serán totalmente válidas para as datas axendadas para o vindeiro ano, pero aquelas persoas que queiran o reembolso da entrada poden escribir un correo electrónico a info@entradasatualcance.com ou dirixirse ao punto de venda físico no que a compraran.