FACENDA
Desde hoxe pódense autoliquidar varias taxas a través da Sede Electrónica do Concello de Santiago
A partir de hoxe, 6 de xullo, aquelas persoas interesadas que o precisen, poderán autoliquidar distintos tipos de ingresos a través da Sede Electrónica do concello de Santiago, no marco do proceso de dixitalización que está levando a cabo o departamento de Modernización da Administración Local, dirixido por Marta Abal
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local concede a licencia para construir 24 vivendas de promoción pública e aproba as bases das axudas ás asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extradordinaria e urxente, acordou conceder ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, o IGVS, licenza para a construción dun edificio de 24 vivendas de promoción pública, garaxes e trasteiros no SUNP-13, Parcela 4B2, na Rúa Castiñeiriño, nº 81, cun orzamento de execución material de 2.717.231,53 euros.
IGUALDADE
Compostela lanza a campaña "Oes, ti" contra a violencia sexual
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa a campaña "Oes, ti" de prevención da violencia sexual, dirixida á educación en masculino. A campaña espallará pola cidade unha serie de mensaxes claras e concisas sobre o consentimento e a liberdade sexual das mulleres. Estas mensaxes serán colocadas nos establecementos adheridos ao programa Compostela, Territorio de mulleres de xeito que a cidade pase a ser un espazo libre de violencia sexual.
DEPORTES
O Campus sur acollerá este sábado as Aulas Ciclistas de La Vuelta
A organización de La Vuelta, que este ano remata cunha contrarreloxo en Santiago o vindeiro 5 de setembro, xa vai quentando rodas para animar a cidadanía a asistir á carreira. Neste ocasión, comeza coa cativada, para quen organiza as Aulas Ciclistas este sábado 10 de xullo na pista de fútbol sala do Campus sur. Presentou a actividade en rolda de prensa a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Asociación de Ciclistas Profesionais, José Luis de Santos.
EIXO ATLÁNTICO
A comisión executiva do Eixo Atlántico remarca a necesidade de reforzar e incrementar a participación dos concellos na xestión dos fondos post covid
Esta mañá, en Viana do Castelo tivo lugar unha Comisión Executiva extraordinaria do Eixo Atlántico na que participaron por primeira vez os presidentes das Comisións Políticas creadas en virtude das conclusións da Conferencia de Alcaldes de Pontevedra así coma os expertos de alto nivel de cada comisión. Na sesión participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o texto dos convenios de colaboración con Cáritas, ASPAS e Fundación Monte do Gozo
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o texto dos convenios de colaboración entre o concello de Santiago e tres entidades sociais; Cáritas Diocesana, ASPAS, e a Fundación Monte do Gozo, por un importe total de 171.000 euros. Estes acordos, impulsados pola concellaría de Políticas Sociais, que dirixe Mila Castro, teñen como obxectivo garantir a calidade de vida da cidadanía e unha orde social máis xusta e solidaria. Tamén deu o visto bo ás bases das convocatorias dos premios Educacompostela e Realia.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato do servizo de mantemento e conservación do parque de Salgueiriños, reservado a centros especiais de emprego
A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe, por tres anos, o contrato de "Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do parque de Salgueiriños do Concello de Santiago de Compostela, reservado a centros especiais de emprego", a favor da empresa Coregal Parques e Xardíns, por un importe de 370.260 euros.
MOBILIDADE
A Policía local de Santiago conta cunha nova ferramenta para a investigación de sinistros viarios
Grazas á colaboración entre departamentos municipais (Persoal, Informática e a Policía Local), a Sección de Atestados conta cunha importante ferramenta para a investigación e reconstrución de accidentes de tráfico: un programa informático de simulación dinámica.
COMERCIO
O alcalde de Santiago convida á cidadanía a visitar a feira "Sabor a Artesanía", que se celebra hoxe e maña no Pazo de San Lourenzo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, visitaron este mediodía "Sabor a Artesanía", que se celebra hoxe e mañá no Pazo de San Lourenzo. Na iniciativa participan 33 marcas creativas, artesanais e enogastronómicas. Ademais da feira, o evento conta con concertos, sesións DJ e obradoiros de artesanía en palla trenzada. A entrada é de balde, aínda que hai que aboar os concertos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
CEGASAL premia a aposta do Concello de Santiago pola economía social
A aposta do Concello de Santiago pola economía social, empregando a persoas con discapacidade, acaba de ser recoñecida pola Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal). O concelleiro de Barrios e Obras, e de Centros Socioculturais, Javier Fernández, recibiu o Premio Especial da entidade de mans do seu presidente, José Antonio Vázquez Freire, nunha gala na que tamén estivo presente o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.