CONVIVENCIA
A Policía Local súmase á campaña de control das condicións do vehículo impulsada pola DXT
A Policía Local vaise sumar á campaña especial de vixilancia e control das condicións do vehículo, impulsada Pola Dirección Xeral de Tráfico e que se vai desenvolver do 17 ao 23 de xullo.
FESTAS
Santiago volverá vestirse de gala no Día do Traxe
O 29 de xullo celebrarase a XXXVIII edición do Día do Traxe, no marco das festas do Apóstolo. A tenente de alcalde, María Rozas, presentou hoxe esta cita tradicional, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo secretario da Asociación do Traxe Galego, Francisco Collantes, e do director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés-Galicia, Pati Blanco.
FESTAS
"Il trovatore", de Giusseppe Verdi, na Quintana grazas ao proxecto "Liceu á fresca"
O Gran Teatre do Liceu, a Obra Social "a Caixa" e o Concello de Santiago de Compostela colaboran no proxecto Liceu á fresca, grazas ao cal a praza da Quintana acollerá o próximo 21 de xullo, ás 22:00 horas, a ópera Il trovatore, de Giuseppe Verdi, non marco das festas do Apóstolo.
CONSORCIO
Dous músicos noveis galegos tocarán como solistas coa RFG xunto con outros mozos de Canadá e Rusia
O VII Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos e doutros países, clausúrase este luns, 17 de xullo, como é habitual, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos noveis de Galicia e tamén procedentes de Canadá e Rusia. Esta cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.
FESTAS
O Festival Terra da Fraternidade protagoniza a primeira fin de semana do Apóstolo 2017
Despois de darlle a benvida ao Apóstolo 2017 co pregón de Uxía Senlle e a música de Mercedes Peón, chega unha fin de semana que virá marcada polo blues, funk e o soul, con numerosos concertos e actividades en varias zonas da cidade.
FESTAS
Uxía percorre a Compostela máis popular no pregón que abriu as festas do Apóstolo 2017
A cantante Uxía Senlle abriu esta noite as festas do Apóstolo 2017, cun pregón que emocionou os centos de persoas que se congregaron na praza do Obradoiro. A cantante realizou un roteiro pola Compostela cultural e musical que ela coñece e cualificouno como un "canto a Compostela".
FACENDA
A Oficina de Atención á Regularización Catastral atendeu unhas 2.500 persoas en catro meses
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, fixo hoxe balance da actuación da Oficina de Atención á Regularización Catastral, posta en marcha polo Concello de Santiago para informar e asesorar á veciñanza tras a regularización catastral realizada polo Ministerio de Facenda.
DEREITO Á VIVENDA
O Concello crea unha bolsa municipal de vivendas baleiras para o alugueiro
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou hoxe a creación dunha bolsa municipal de vivendas baleiras, dispoñibles para o alugueiro. Jorge Duarte explicou que esta iniciativa, que mañá recibirá o visto bo da Xunta de Goberno, "supón un paso máis dentro do programa AVIVA, o Plan de Mobilización da Vivenda Baleira no que o Departamento leva meses traballando cun dobre obxectivo: poñer en valor a cidade construída, e facilitarlle o acceso a unha vivenda digna ás persoas...
FESTAS
Sorteados os convites para presenciar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo
Xa se coñecen os nomes das 25 persoas gañadoras dos convites dobres para presenciar, cos seus acompañantes, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos. Estas 50 persoas tamén poderán asistir ao concerto previo da Real Filharmonía de Galicia.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Continúan as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán
O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP As Fontiñas acollen por terceira semana as actividades do Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017. A longo dos meses de xuño, xullo e setembro van a participar nesta iniciativa 204 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.