ALCALDÍA
O alcalde avanza que o orzamento para 2020 ascenderá a 117 millóns de euros, cun "incremento notable en investimentos e políticas sociais"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o Goberno municipal xa ten elaborados os orzamentos, que ascenderán a 117 millóns de euros e que estes conterán "un incremento notable en investimentos e políticas sociais". Agora, dixo, iniciouse a rolda de contactos cos grupos municipais para "explorar acordos para a súa tramitación".
ALCALDÍA
Reunión coa Asociación de Antigos Tunos Composteláns
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este venres unha representación da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, encabezada polo seu presidente, Benigno Amor.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Apertura do prazo para o pagamento da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa da apertura do prazo, entre o 15 de xaneiro e o 15 de febreiro, para o abono da taxa anual correspondente ao ano 2020 das tarxetas de residente por razón de municipio.
TURISMO
O concelleiro de Turismo participou na reunión da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros – Noia
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistiu no CGAC á reunión da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros – Noia. No encontro presentáronse os informes sobre o estado das tramitacións das adhesións á entidade.
BARRIOS E OBRAS
A Concellaría de Barrios e Obras rozou 329.000 metros cadrados de fincas urbanas de titularidade municipal dende xuño
No segundo semestre de 2019 rozáronse aproximadamente 329.000 metros cadrados de fincas urbanas de titularidade municipal, e máis de 95.000 metros lineais. Así o indicou en rolda de prensa este xoves o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández. En total, foron 14 actuacións en vieiros e 74 actuacións de limpeza de terreos en distintos puntos da cidade e da periferia.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu a Francisco Javier Sánchez Fernández, xefe da Forza Loxística Operativa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o xeneral Francisco Javier Sánchez Fernández, xefe da Forza Loxística Operativa (FLO).
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller e da súa filla acontecido este luns en Esplugas de Llobregat (Barcelona).
ALCALDÍA
O alcalde sinala que existe demanda para outras dúas garderías no Polígono do Tambre e en Santa Marta
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou este martes a Escola Infantil de Santa Susana, localizada na Alameda, na compaña do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; da conselleira de Política Social, Fabiola García; e da concelleira de Educación, Noa Díaz, ademais doutros representantes políticos autonómicos e locais. Guiounos na visita a directora do centro, Mª Luz Rodríguez.
FESTAS
Os Reis Magos agasallaron ilusións nunha concorrida e artística Cabalgata
"Agasallando ilusións" foi o lema dunha nova edición da Cabalgata de Reis, que encheu as rúas de Compostela de fantasía, personaxes de conto e moitas sorpresas. Preto de 500 persoas e 26 agrupacións artísticas participaron nun desfile dinámico e participativo que partiu como cada ano da estación de ferrocarril. Repartíronse 1.400 quilos de caramelos sen glute.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Policía Local e Garda Civil realizaron 359 probas de alcoholemia e drogas na mañá do 1 de xaneiro, co resultado de 15 positivos
Continúa a colaboración entre a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela na realización de controis preventivos de alcoholemia e drogas. Nun dispositivo conxunto, desta vez axentes de ambos corpos realizaron 359 probas entre as 7:00 e as 12:00 horas do mércores 1 de xaneiro.