ALCALDÍA
Martiño Noriega reivindica a "Compostela desexada" no Fórum Europa
O alcalde participou hoxe no Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum no Hostal dos Reis Católicos. Martiño Noriega aproveitou a súa intervención para reivindicar a "Compostela desexada" e para comprometer "o traballo da totalidade do grupo de Goberno para atender os grandes e pequenos retos que ten Santiago".
FESTAS
Arrancan as festas da Ascensión coa comparsa de cabezudos e a música na Quintana, Alameda e Toural
Este mércores 24 de maio arrancan as festas máis picheleiras. Comezan cinco días de festexos da Ascensión 2017, co disparo de bombas anunciando o inicio ás 12:00 horas e a comparsa de cabezudos polas rúas de Santiago media hora despois.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC programa diversas visitas guiadas a espazos emblemáticos de Compostela
A praza da Quintana acollerá, do 2 ao 11 de xuño, a primeira Semana do Libro de Compostela, SELIC, impulsada polo Concello de Santiago en colaboración co propio sector. Pero a SELIC é moito máis, con actividades como visitas guiadas para descubrir a noite compostelá, a Alameda, o Museo do Pobo Galego ou a Casa da Troia.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Goberno local volve destinar 360.000 euros a bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou este luns a convocatoria de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares. A convocatoria para o vindeiro curso 2017/2018 aprobouse na Xunta de Goberno do pasado venres 19 de maio.
ALCALDÍA
O alcalde visita o alumnado que participa na quinta edición do "Conto Viaxeiro"
O alcalde achegouse esta mañá ao CEIP López Ferreiro, onde se desenvolveu unha nova sesión do programa Conto Viaxeiro. Esta iniciativa do Departamento de Lingua, que vai xa pola súa quinta edición, está dirixida ao alumnado de Educación Primaria e ten como obxectivo promover a expresión e a expresividade en galego. Martiño Noriega animou os nenos e nenas a usaren a nosa lingua, e sobre todo a ler moitos contos.
ALCALDÍA
Martiño Noriega agradece aos traballadores e traballadoras municipais o seu traballo pola cidade
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello os traballadores e traballadoras municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.
FESTAS
Catro grupos composteláns, protagonistas das festas da Ascensión 2017
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, presentou este luns os concertos do ciclo Compostela É Música, que se van celebrar na praza do Toural durante a Ascensión. Actuarán Carla Green & The Demons (mércores 24), Cachas & Cousins (venres 26), Roberto Sobrado Grupo (sábado 27) e Gergelyes (domingo 28).
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece este venres un concerto gratuíto na Quintana no marco da Acensión
A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar o xoves 25 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. E o venres, a agrupación tocará de balde en Santiago, na praza da Quintana, no marco das festas da Ascensión, ás 20:00 horas (en caso de choiva o concerto suspenderase). En ambas as actuacións levará a batuta o aclamado mestre londiniense Jonathan Webb, que esta tempada estreouse como principal director convidado da orquestra.
SAÚDE
Concha Fernández reúnese coa nova xerenta do CHUS, Eloína Núñez
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, mantivo esta mañá unha xuntanza coa nova xerenta do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Eloína Núñez. Trátase da primeira xuntanza despois do cambio de xerencia.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publícase a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e ábrese a preinscrición para novo alumnado
Finalizado o prazos de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018, veñen de publicarse das prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado. Do 22 ao 31 de maio é o prazo establecido para a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado que desexe matricularse na oferta educativa da Escola, de acordo coas prazas vacantes para o curso 2017-2018, do que se achega documento.