DEPORTES
O Auditorio acollerá o vindeiro mércores a gala de entrega dos Premios Santiago Deporte
Os IV Premios Santiago Deporte terá a súa gala o vindeiro mércores, 19 de febreiro. Na cerimonia, que comezará ás 20:00 horas, entregaranse os galardóns das 12 categorías desta edición, catro máis que na anterior, e a mención especial.
ALCALDÍA
Constituída a Comisión de xestión ordinaria do Concello
Vénse de constituír a Comisión de xestión ordinaria do Concello de Santiago de Compostela, nunha reunión que estivo presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Reunirase cada quince días, e intégrana varios membros do grupo de Goberno; técnicos de distintos departamentos, como Disciplina Urbanística, Policía Local ou Parques e Xardíns; e representantes das empresas municipais ou concesionarias de servizos, como Tussa, Ferrovial, Viaqua ou Urbaser.
IGUALDADE
Arrinca "Desveladas", o novo ciclo de obradoiros para as mulleres do rural
Esta semana comezaron en Figueiras as sesións de Desveladas, o novo ciclo de obradoiros para a transformación das mulleres do rural. Ao primeiro dos talleres asistiu a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, que conversou coas asistentes sobre as razóns que as levaron a participar por segundo ano nesta iniciativa.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Últimos días para o pagamento da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa do peche do prazo, o vindeiro sábado 15 de febreiro, para o abono da taxa anual correspondente ao ano 2020 das tarxetas de residente por razón de municipio.
ALCALDÍA
O Concello e a Asociación Plataforma polo Emprego renovan o seu compromiso de colaboración
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cunha delegación da Plataforma polo Emprego, encabezada polo seu presidente, Miguel Fernández. Na xuntanza tamén participou o técnico municipal responsable da área de Emprego, Xavier Ferreiro.
DEPORTE
Santiago, capital do xadrez grazas ao II Maxistral Cidade de Compostela
Dende hoxe e ata o próximo 18 de febreiro, Compostela acolle a II edición do Maxistral Cidade de Compostela, un torneo que pretende impulsar os/as máis prometedores/as xogadores/as galegos/as e darlles a oportunidade de alcanzar os títulos de Mestre Internacional e Gran Mestre internacional, enfrontándoos a prestixiosos xadrecistas. As partidas desenvolveranse todas as tardes, a partir das 17:00 horas, no Hotel Hesperia Peregrino.
TURISMO
Compostela acolle ata o o 18 de febreiro o II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes "Kino Galicia"
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistiu hoxe no CGAC á presentación de Kino Galicia 2020, II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes. Ata o 18 de febreiro, o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a segunda edición desta cita anual, que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.
ACCIÓN CULTURAL
O Grupo de Cidades Patrimonio aproba o seu calendario de eventos culturais, educativos e deportivos para 2020
Este martes celebrouse un novo encontro da Comisión de Traballo de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, no que se aprobou o novo calendario de eventos para este ano 2020. Entre estes destaca a III edición da Noite do Patrimonio, que se celebrará de forma simultánea nas 15 cidades do grupo o 12 de setembro; o III Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio, o VII Ciclo de Música de Cámara e a VII edición do programa Aula de Patrimonio,.../em>/em>
ALCALDÍA E SEGURIDADE CIDADÁ
O Servizo de Extinción de Incendios incorpora dous novos vehículos auxiliares
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Manuel Sanmartín, presentaron na praza do Obradoiro os dous novos vehículos adquiridos para o Servizo de Extinción de Incendios. Son un todoterreo e unha furgoneta que facilitarán unha rápida e primeira intervención en determinadas emerxencias.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, acontecidos esta fin de semana en Lugo e en Granada.