CONVIVENCIA
Novos pasos para dotar a cidade vella de zonas de aparcamento de residentes
A partir do próximo luns, 24 de outubro, os residentes das rúas Carretas, Hortas, Trindade, Raxoi e dos números 2,4 e 6 da rúa San Clemente poderán solicitar as súas tarxetas de acceso e de residentes. O trámite realízase nas oficinas do Departamento de Tráfico, na Costa do Cristo.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal, escenario da primeira gala dos Premios Ari(t)mar
O Teatro Principal acollerá o próximo martes a primeira gala de entrega dos Premios Ari(t)mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa, impulsados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co obxectivo de recoñecer e afianzar os vínculos lingüísticos e culturais ás dúas beiras do Miño. A iniciativa conta co apoio do Concello de Santiago, e das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.
ACCIÓN CULTURAL
Chegan as VIII Xornadas Micolóxicas ao Centro Sociocultural de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo acolle o venres 21 e o sábado 22 de outubro as VIII Xornadas Micolóxicas, unha actividade xa consolidade que pretende achegar a cidadanía ao mundo dos cogomelos e axudarlle a coñecer e identificar as diferentes especies.
FACENDA
A edil de Facenda informa da regularización catastral posta en marcha pola Dirección Xeral do Catastro
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, indicou hoxe que a Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, está a levar a cabo un procedemento de regularización catastral que se prolongará ata mediados de 2017 no noso Concello.
EDUCACIÓN E COMERCIO
Rafael López Loureiro dará este sábado un obradoiro de tallado de calacús e cabazas
O Samaín está moi preto e o Concello vaino celebrar por todo o alto. Este sábado, o mestre Rafael López Loureiro, quen recuperou ademais a tradición do Samaín en Galicia, dará un obradoiro práctico de tallado de calacús ou caveiras de cabaza.
ALCALDÍA
O alcalde visita a feira profesional do Womex 2016
O alcalde de Santiago realizou hoxe un percorrido polas instalacións do Womex 2016, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Na visita participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e de Acción Cultural, Branca Novoneyra.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras no claustro da Colexiata de Sar
O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a obra de aplicación de revoco de saneamento nos paramentos interiores do claustro da Colexiata de Sar, por un importe global de 60.109,76 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 14 de novembro. O prazo previsto de execución das obras é de dous meses.
PLENO
Compostela adhírese á Rede de Cidades Saudables
O Concello de Santiago vaise adherir á Rede Española de Cidades Saudables, unha entidade que persegue a promoción e protección da saúde e o benestar da cidadanía, potenciando estilos de vida saudables. Así se acordou, por unanimidade, no pleno da Corporación celebrado esta tarde.
PLENO
Santiago entra na Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA)
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a adhesión de Santiago á Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa, UCCLA, como membro observador. Con este acordo, dáselle cumprimento á Lei Paz Andrade para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Esa lei indica que os poderes públicos galegos promoverán o coñecemento da lingua portuguesa e das culturas lusófonas para afondar nos vencellos históricos que unen Galicia cos paísés e comunidades de lingua...
TURISMO
Narf e Timbila Muzimba, diálogo musical e cultural este domingo no Principal
O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo, 23 de outubro, ás 20:30 horas, un concerto conxunto de Narf e Timbila Muzimba. O Concello organiza esta actuación, na que se plasmará o resultado dunha colaboración entre o galego e os mozambicanos que dura xa máis de dez anos. A entrada é de balde, previa recollida na billeteira do Teatro Principal no horario de apertura do recinto.