CONSORCIO
Rematan as obras no Multiúsos do Sar, destinadas a evitar as filtracións da auga da chuvia ao interior do edificio
O Consorcio de Santiago interveu durante varios meses no Multiúsos do Sar, co propósito de atallar o problema das filtracións pluviais no interior do edificio. Os traballos tiveron un orzamento global de 95.469 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Apertura da inscrición para a viaxe a Portugal do programa "Imos de excursión"
Continuando coa programación de viaxes organizada dende os centros socioculturais para este ano 2015 dentro do programa Imos de excursión, este xoves 26 de febrero, a partir das 17:00 horas, quedará aberto o prazo de inscrición para a viaxe de varios días á Porto, Coimbra, Aveiro e Poboa do Varzim, en Portugal.
CONSORCIO
Ábrese o prazo para inscribirse no Curso de Especialización Orquestral, que permite aos alumnos formarse coa Real Filharmonía
Acaba de abrirse o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2015-2016. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
CULTURA
Santi Rodríguez presenta "Como en la casa de uno… en ningún sitio" no ciclo Falabaratos
Santi Rodríguez, o froiteiro de 7 vidas, volve a Galicia para estrear o seu novo monólogo, Como en la casa de uno…en ningún sitio. Unha visión sobre o turismo, viaxar ao estranxeiro e o ben que se está en casa. E é que Santi teno claro, Como na casa dun...en ningún sitio. Será este xoves 26 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
O alcalde destaca que están en marcha ou en trámite infraestruturas viarias na cidade por valor de máis de 115 millóns de euros
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na mesa redonda Mellora das conexións terrestres da área compostelá, organizada polo Club Financeiro de Santiago. Durante a mesma, lembrou que o investimento en obras viarias en Santiago de Compostela, en execución, licitación e exposición pública, supera os 115 millóns de euros, "o que representa un grande investimento para a nosa cidade que vai a reverter en mellora da competitividade das nosas empresas e na calidade de vida dos cidadáns, dos...
COMERCIO
O Concello convoca a terceira edición dos Premios ao Comercio Compostelán
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou os Premios do Comercio Compostelán 2015, cos que o Concello quere recoñecer o traballo e o esforzo dos pequenos comerciantes da cidade e que se entregarán o día 8 de abril nun acto no Pazo de Raxoi. A peza conmemorativa que se entregará aos premiados seleccionarase nun concurso dirixido aos artesáns e obradoiros composteláns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía e a estudantes de formación artística regrada.
ALCALDÍA
O alcalde expresa a gratitude e a débeda eterna de Santiago con Rosalía de Castro no 178º aniversario do seu nacemento
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, presidiu na Alameda o acto de homenaxe a Rosalía Castro con motivo do aniversario do nacemento da poeta, organizado polo Concello e a Fundación Rosalía de Castro. Alí, ante a estatua da escritora, realizouse unha ofrenda floral.
EDUCACIÓN
Xornada didáctica da Escola Municipal de Música nos centros educativos da cidade
As escolas infantís de San Roque e Tras-Parlamento, os colexios A Inmaculada, La Salle, San Jorge e o CEIP Ramón Cabanillas acolleron unha nova actividade didáctica da Escola Municipal de Música (EMM), dentro do 5º ciclo de sesión didácticas que esta institución educativa vén realizando nos centros de ensino de Compostela. Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM é o título deste programa, a cuxa sesión no CEIP Ramón Cabanillas asistiu a concelleira de Educación, Maite...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a inscrición para os obradoiros de maxia nos centros socioculturais
A maxia volve aos centros socioculturais cunha nova proposta formativa para os máis novos, que se poderán achegar ao mundo do ilusionismo da man de magos de recoñecido prestixio. Os locais de Fontiñas e do Castiñeiriño programan de marzo a xuño dous obradoiros desta Escola de maxia, dirixida a rapaces empadroados en Santiago con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos.
TURISMO
Turismo promociona a cidade como destino de congresos en Alemaña e Suíza
Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), promocionará esta semana a cidade como destino de congresos en Alemaña e Suíza. A mellora substancial da conectividade aérea con ambos mercados neste 2015, no que por primeira vez haberá catro conexións directas con Alemaña e catro con Suíza, pode ser unha oportunidade para captar congresos, eventos e incentivos organizadas por entidades destes países.