IGUALDADE
A exposición "Elas" de Aurora Marco reivindicará o papel das mulleres na sociedade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o libro Elas, de Aurora Marco, e a exposición que o acompaña e que se poderá visitar do 2 ao 31 de marzo no Centro Abanca Obra Social de Santiago. Na rolda estivo acompañada da autora e do editor de A Xanela Editorial, Xosé Manuel Calviño.
MEDIO AMBIENTE
O Concello convida a veciños e veciñas a "descarbonizar" os seus estilos de vida
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe o proxecto que o Goberno de Santiago pon en marcha co obxectivo de contribuír á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro. Trátase de Descarboniza! Que non é pouco, unha iniciativa que desenvolvida polo Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da Universidade de Santiago, en virtude do convenio de colaboración que ten asinado co Concello. Na rolda de prensa tamén participou unha das integrantes...
FACENDA
Facenda porá en marcha unha oficina de atención aos contribuíntes afectados pola regularización catastral deste 2017
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, comunicou esta mañá que a Dirección Xeral de Catastro, dependente do Ministerio de Facenda que dirixe Cristóbal Montoro, decidiu poñer en marcha un proceso de regularización catastral que comezará a notificar no vindeiro mes de marzo ás e aos contribuíntes afectados.
CONSORCIO
A RFG toca por primeira vez en España o "Concerto para frauta, percusión e cordas" do suízo Daniel Schnyder
A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar este xoves en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres, a orquestra desprazarase a Vigo, onde tocará no Teatro Afundación, tamén ás 20:30 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.
TURISMO
O Consello Municipal de Turismo mantén a súa primeira reunión ordinaria logo de sete anos
O Auditorio de Galicia acolleu a primeira xuntanza ordinaria do renovado Consello Municipal de Turismo, que se constituíu no pasado mes de setembro, coincidindo coa celebración do Dia Mundial do Turismo. A última vez que se reuniu o anterior Consello foi no ano 2010. Esta primeira reunión ordinaria, presidida pola concelleira de Turismo, Marta Lois, responde ao calendario fixado na xuntanza constitutiva, que establece que o órgano reunirase trimestralmente. Na orde do día tratáronse catro puntos destacados: valoración dos resultados...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en Redondela. É a segunda vítima da violencia machista en Galicia no que levamos de 2017.
POLÍTICAS SOCIAIS
Presentado un novo aplicativo de solicitude de cita previa para servizos sociais municipais
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu a coñecer hoxe un novo aplicativo posto en marcha dende a Concellaría de Políticas Sociais para a xestión das citas previas no Departamento.
MEDIO AMBIENTE
AcuaEs, a Xunta e o Concello acordan introducir melloras no anteproxecto da nova depuradora
O Concello, a Xunta e AcuaEs acordaron hoxe revisar o anteproxecto da nova Estación Depuradora de Augas Residuais "co obxectivo de que a infraestrutura ocupe o mínimo espazo, se minimicen os custos de explotación e se consiga unha EDAR compatible cos achados arqueolóxicos e co valor paisaxístico da zona do Souto". Foi no transcurso dunha comisión de seguimento da nova depuradora, na que participaron o alcalde, Martiño Noriega; o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; a directora de AcuaEs, Aránzazu Vallejo; o...
CONVIVENCIA
Nova zona de residentes na praza do Irmán Gómez
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia comunica a aprobación provisoria dunha nova zona de estacionamento de residentes no Casco Histórico, na praza do Irmán Gómez, co mesmo réxime que o resto das zonas de semellantes características, regulado no artigo 35 da Ordenanza Municipal de Circulación e Uso da Vía Pública.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en El Campello (Alacante).