MEDIO AMBIENTE
As nove empresas que concorren ao proceso de licitación da nova EDAR da Silvouta teñen ata o 30 de setembro para presentar as súas ofertas
Hoxe comezou o proceso de licitación para a adxudicación da EDAR das Silvouta. As nove empresas que se presentaron á fase de concorrencia competitiva estiveron visitando as instalacións a primeira hora da mañá. Posteriormente, ao mediodía, mantiveron unha reunión con técnicos municipais e técnicos da Consellería de Medio Ambiente e de ACUAES, na que tamén estivo presente a directora xeral deste organismo, Rosa Cobo.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato o pasado venres dun neno en Beniel (Murcia), vítima da violencia machista.
FESTAS
Fredi Leis, Banda Crebinsky e Holywater pecharán as festas do Apóstolo cun concerto este mércores na praza da Quintana
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e o cantante compostelá, Fredi Leis, presentaron hoxe o concerto que pechará as festas do Apóstolo 2019. Será o día 31, ás 21:00 horas, na praza da Quintana. Sobre o palco tamén estarán a Banda Crebinsky e Holywater, con entrada libre.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo á convocatoria de subvencións para as asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou as bases da convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2019, por un importe total de 100.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recibiu, un ano máis, os/as menores que participan no programa Vacacións en Paz e as súas familias acolledoras. Tamén participaron no acto a concelleira de Educación, Noa Díaz; o edil de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; o voceiro do PP, Agustín Hernández; e as concelleiras do BNG Goretti Sanmartín e Navia Rivas.
PLENO
A Corporación aproba unha declaración institucional en defensa de proxectos básicos para a cidade
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade unha declaración institucional que fixa unha serie de obxectivos prioritarios para a cidade, de conformidade co acordo subscrito no seu día polas forzas políticas representadas na Corporación Municipal e o Foro Cívico.
FESTAS
A Banda Municipal únese á Gallaecia Big Band nun concerto especial nas festas do Apóstolo
A xornada do luns 29 nas festas do Apóstolo trae varias propostas musicais, como a actuación conxunta da Banda Municipal de Música e a Gallaecia Big Band e o concerto do Territorio das Mulleres.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrecerá un concerto no Apóstolo co poliinstrumentista galego Abraham Cupeiro
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo. A praza da Quintana acollerá un concerto da RFG xunto ao poliinstrumentista galego Abraham Cupeiro, o vindeiro martes, 30 de xullo, ás 22:00 horas. O músico ofrecerá varias pezas integradas no seu disco Os sons esquecidos, gravado coa RFG en 2016 para o selo discográfico Warner Classics. Os convites para as cadeiras xa están esgotados. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Galicia.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Nenos e nenas volven á rúa este verán noutra edición do Territorio Xogantín
O Concello de Santiago pon en marcha un ano máis o programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín, que se desenvolverá durante as mañás dende este luns 29 de xullo ao 30 de agosto. A praza do 8 de Marzo será de novo o punto de encontro desta actividade, que promove o uso da lingua galega entre os/as máis novos/as vinculándoa ao espazo de xogo.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este mércores en Terrassa (Barcelona).