ALCALDÍA
O Concello autoriza a colocación de terrazas en zonas reservadas ao aparcamento
O decreto asinado polo alcalde esta mañá autoriza a ocupación destas zonas de forma excepcional e, como máximo, ata o 5 de abril de 2021. Segundo indicou Sánchez Bugallo en rolda de prensa, as solicitudes avaliaranse unha por unha e a ocupación estará limitada a dúas prazas de aparcamento por terraza.
ACCIÓN CULTURAL
Un cadro de Leopoldo Nóvoa pasa a formar parte do patrimonio do Concello despois da doazón realizada pola súa viúva, Susana Carlson
O cadro sen título de Leopoldo Nóvoa doado ao Concello de Santiago, colga xa dunha das paredes do Pazo de Raxoi. A obra, pintada no ano 2005, foi doada por Susana Carlson, viúva do pintor e propietaria da mesma.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba, en sesión extraordinaria, un expediente de modificación de crédito para actividades de dinamización comercial en Área Central
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria e urxente, aprobou tres proxectos de modificación de crédito que agora deberán ser ratificados en pleno.
COVID19
A partir desta tarde péchanse as pistas polideportivas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que se deu orde para que a partir desta tarde se pechen as pistas polideportivas. A razón: a orde da Xunta de Galicia de 21 de outubro de 2020 referida a Santiago de Compostela, que establece que non pode haber deportes de contacto, nin grupos de máis de cinco persoas, e que ademáis teñen que ser convivintes.