FACENDA
Máis de 280 propostas poderán ser validadas pola veciñanza na 2ª fase dos Orzamentos Participativos
A concelleira de Economía e Facenda deu conta hoxe dos resultados da primeira fase do proceso de Orzamentos Participativos 2018, que finalizou o pasado venres 30 de xuño. María Rozas explicou que "en total foron presentadas 371 propostas, das cales son válidas 283, que agora deberán ser validadas nunha segunda fase que rematará o 31 de xullo".
MEDIO AMBIENTE
O Concello pon en marcha unha campaña para a recollida de aparellos eléctricos e electrónicos
O Concello de Santiago pon en funcionamento unha campaña de recollida de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, dentro do programa da Tropa Verde. O concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Innovación, Xan Duro, presentou hoxe o proxecto, que leva por lema "Longa vida aos teus aparellos electrónicos!".
COMERCIO
A I Mostra de Cervexa Artesá encherá a Alameda de mestres cervexeiros
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou este martes os detalles da I Mostra de Cervexa Artesá, que se celebrará en Compostela do 7 ao 9 de xullo. Na rolda estivo acompañada de Esteban Loureiro, representante da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.
MEDIO AMBIENTE
O CIPX de Belvís acolle durante o verán unha exposición sobre o lobo
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acollerá dende o 11 de xullo e ata o 30 de setembro a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.
MEDIO AMBIENTE
A Deputación da Coruña comprométese a colaborar no financiamento da Vía Verde Santiago-Cerceda
A Deputación da Coruña vén de asumir o compromiso de achegar os preto de 40.000 euros que custará a redacción do proxecto da Vía Verde, un itinerario de sendeirismo e cicloturismo sobre a antiga vía do ferrocarril que unirá Santiago e Cerceda. Foi no transcurso dunha reunión entre o presidente provincial, Valentín González Formoso, e representantes dos concellos implicados, entre eles o concelleiro compostelán de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.