XUNTA DE GOBERNO
Sanción á adxudicataria da iluminación do Nadal por incumprimento de contrato
A Xunta de Goberno Local acordou este venres resolver as alegacións ao expediente aberto á empresa adxudicataria das luces de Nadal do 2016 desestimando as cuestións presentadas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Os novos pregos do Servizo de Axuda no Fogar duplican o investimento e as horas de atención domiciliaria
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou este venres as características no novo prego do Servizo de Axuda no Fogar, que foi aprobado a semana pasada pola Xunta de Goberno. Destina 1.979.656,25 euros ao ano, o que supón duplicar a contía en relación ao último prego aprobado en abril de 2015.
FESTAS
O último fin de semana do Apóstolo tráenos o concerto de "Chané na Habana" e o Día do Traxe Galego
As festas do Apóstolo van chegando ao seu remate cunha fin de semana ateigada de actividades e música. Haberá desfiles, automóbiles antigos e moitos e variados concertos.
ACCIÓN CULTURAL
Restan quince días para presentar candidaturas á xestión da cafetería–restaurante do Auditorio
Continúa aberta admisión de candidaturas para a xestión da cafetería-restaurante do Auditorio de Galicia. A concesión do servizo licítase cun canon anual de 5.000 euros e esixe un investimento mínimo de 25.000. A licencia de explotación outórgase por dez anos, prorrogables outros dous.