IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os catro últimos asasinatos machistas, que deixaron nestes últimos días vítimas mortais en Gandía (Valencia), Valencia, Villanueva del Fresno (Badajoz) e Santa Perpetua de Mogoda (Barcelona).
SAÚDE
Concha Fernández asiste á inauguración do VIII Workshop da Sociedade Española de Probióticos
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu á inauguración do oitavo Workshop organizado pola Sociedade Española de Prebióticos e Probióticos.
ALCALDÍA
A maior concienciación social provoca un aumento do número de denuncias por violencia machista
O alcalde, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiron esta mañá no Pazo de Raxoi unha reunión da Xunta Local de Seguridade, na que están representados os corpos e institucións que interveñen na seguridade cidadá no municipio de Santiago. O punto máis importante da orde do día era a avaliación do funcionamento dos mecanismos de control en relación á violencia de xénero.
DÍA DE ROSALÍA
Concerto homenaxe a Rosalía de 2naFronteira no Principal
O Concello de Santiago continúa conmemorando os 180 anos do nacemento da poeta compostelá Rosalía de Castro. Por iso, este venres, a partir das 20:30 horas, haberá un concerto no Teatro Principal para homenaxeala no Día de Rosalía.
ALCALDÍA
O alcalde destaca que Rosalía é "un patrimonio reivindicado por todas e todos os galegos"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de homenaxe a Rosalía de Castro organizado pola Deputación da Coruña ao pé da estatua da escritora na Alameda compostelá, monumento que este 2017 cumpre cen anos. Esta lembranza enmárcase nos actos en torno ao Día de Rosalía (24 de febreiro), no 180 aniversario do nacemento da poeta.
ALCALDÍA
O Concello desminte a súa colaboración coa concentración moteira convocada para o 10, 11 e 12 de marzo
O Concello de Santiago quere desmentir que colabore na organización dunha concentración moteira en Compostela para os días 10, 11 e 12 marzo, tal e como se da a entender nos carteis que circulan pola cidade, así como no enderezo electrónico da asociación organizadora moterosdecompostela.com.
ALCALDÍA
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolle o sábado o primeiro "Encontro ao vivo"
O Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá o próximo sábado, a partir das 11:30 horas, o primeiro Encontro ao vivo, organizado polo Goberno local para completar os procesos de participación que ten impulsados e para render contas de xeito directo coa veciñanza.
CONSORCIO
Un novo libro recolle a historia da Banda Municipal de Santiago dende 1848 ata a actualidade
La Banda Municipal de Santiago. Música en las compostelanas rúas desde 1848 é unha publicación da musicóloga Beatriz Cancela Montes, editada polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora. Esta xoves presentouse na Fundación Torrente Ballester nun acto ao que asistiron, ademais da autora, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; e a directora de Andavira Editora,...