EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Teatro Principal acolle a representación de "Goldi libre", unha obra documental sobre a insubmisión
A obra Goldi libre, un traballo de teatro documento sobre o movemento da insubmisión, chega mañá venres e o sábado 28 ao Teatro Principal. Hoxe presentouse a montaxe, nunha rolda de prensa na que participaron o seu protagonista, César Goldi; o director, Xesús Ron; e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios. Tamén interviñeron Modesto Toribio, insubmiso compostelán, e Lucía Oca, membro do grupo antimilitarista Mulleres de Negro.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
En marcha investimentos nas parroquias compostelás por case 300.000 euros
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe das actuacións executadas ou en marcha nas parroquias de Santiago, con cargo tanto a fondos municipais como ao programa PAS 2015 da Deputación da Coruña. En total, nas últimas semanas lévanse investidos no rural case 300.000 euros, que se suman aos máis de 500.000 xa executados con cargo ao POS 2015.
LINGUA
O alcalde entrega material didáctico en galego na Escola Infantil de Conxo
O alcalde visitou esta mañá a Escola Infantil Municipal de Conxo para entregar recursos educativos en galego, dentro do proxecto Apego, que pretende incentivar a transmisión da lingua ás novas xeracións.