ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe o novo xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez López. Acudiu acompañado do comisario do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Simón Sabariz.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Teatro Principal acolle a estrea do documental "Sons do Mercado", sobre o mercadiño de Salgueiriños
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a estrea do documental Sons do Mercado, sobre o mercado de Salgueiriños, que terá lugar este martes, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Marta Lois estivo acompañada do director da película, Marcos Nine, e do autor da banda sonora, Alejandro Vargas.
ACCIÓN CULTURAL
Música, danza, teatro, arte e letras en maio, o mes de Manuel María
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a programación cultural do Concello para o mes de maio, que se complementa co programa das Festas da Ascensión e coas actividades dos centros socioculturais. Música, teatro, danza, intervencións artísticas no mes no que as protagonistas son as letras. Por un lado coas actividades arredor do Día das Letras Galegas e do seu homenaxeado este ano, Manuel María; e polo outro, o centenario das Irmandades da Fala.
CONSORCIO
A Real Filharmonía celebra esta semana tres concertos en Ferrol, Lugo e Monforte
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos fóra de Santiago. O xoves tocará no Teatro Jofre de Ferrol, ás 20:30 horas; o venres no Círculo das Artes de Lugo, tamén ás 20:30 horas; e o sábado na igrexa Nosa Señora da Antiga (colexio Padres Escolapios) de Monforte de Lemos, ás 18:00 horas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participou no acto de apertura do Bosque de Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de apertura do Bosque de Galicia, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.