EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Segunda xornada no Principal do XXI Certame de Teatro Intercentros
Este luns celebrouse a segunda xornada do XXI Certame de Teatro Intercentros, con tres novas representacións do grupos de teatro dos centros escolares de secundaria en xornada de mañá e tarde. A cita foi no Teatro Principal, onde as representacións continuarán o luns 9 de maio, coas funcións dos grupos de primaria.
ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Compostela Colateral e o Mapa Literario de Santiago, achegas do Concello para a Feira Internacional do Libro de Bos Aires
O alcalde e a concelleira de Acción Cultural presentaron hoxe as actividades organizadas polo Concello que se van desenvolver ao abeiro da Feira do Libro de Bos Aires, que conta con Santiago como cidade invitada nesta súa 42ª edición. Martiño Noriega e Branca Novoneyra viaxarán á capital arxentina para participar na inauguración do evento, o próximo mércores.
CONSORCIO
O prestixioso pianista escocés Steven Osborne toca esta semana coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves 21 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Levará a batuta o director franco-suízo Lorenzo Viotti.
CONVIVENCIA
A Policía Local súmase á campaña da DXT para o control da velocidade
O Concello de Santiago volve sumarse á campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade, que promove a Dirección Xeral de Tráfico. Por iso, a Policía Local levará a cabo controis de velocidade nas principais vías urbanas, desde hoxe e ata o próximo domingo 24 de abril.
ACCIÓN CULTURAL
Limiar Teatro presenta "Don Quixote", unha comedia gastronómica con textos de Cervantes e outros dirixida ao público infantil
Limiar Teatro presenta Don Quixote, unha comedia gastronómica con Fran Núñez dirixida por Nuria Gullón, que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes. Será este martes 19 de abril, a partir das 18:30 horas, no Teatro Principal. A obra está dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos.
ALCALDÍA
Homenaxe a Miguel Álvarez-Pardiñas, propietario da Libraría Toural
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de lembranza a Miguel Álvarez-Pardiñas, con motivo do Día Internacional do Libro. Propietario da Libraría Toural, o homenaxeado faleceu o pasado mes de febreiro á idade de 51 anos. O establecemento pechará as súas portas o vindeiro 30 de xuño.