CONVIVENCIA
Compostela pechou 2015 sen vítimas mortais en accidentes de tráfico
O ano 2015 pechouse en Santiago de Compostela sen vítimas mortais en accidentes de tráfico no ámbito de competencias da Policía Local, un balance moi positivo que se produce por segundo ano consecutivo. A Policía Local relaciona esta boa evolución cunha maior concienciación da sociedade sobre os problemas do tráfico, e tamén cun incremento da vixilancia sobre as prácticas de risco dalgúns condutores. O balance foi o presentado en rolda de prensa polo inspector da Policía Local José Antonio Pena, a...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago asina un convenio coa USC para a redacción do Plan Director do edificio da Facultade de Xeografía e Historia
O Consorcio de Santiago celebrou este mércores a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No marco da xuntanza, presentouse á nova interventora do Consorcio, Consuelo Lage Ferrón, interventora territorial do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas da Coruña, en substitución de Emilio Vázquez Salgado por xubilación.
ALCALDÍA
O alcalde e o presidente da Xunta achegan posturas en proxectos claves para Compostela
xO alcalde de Santiago e o presidente da Xunta reuníronse este mediodía no Parlamento Galego, no segundo encontro entre ambos dende a toma de posesión de Martiño Noriega. A xuntanza fora solicitada polo rexedor, para abordar cuestións de vital importancia para Compostela como a estación intermodal, a política aeroportuaria ou a construción da variante de Aradas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o cónsul xeral de Cuba, José Antonio Solana
O alcalde, Martiño Noriega, reniuse en Raxoi co consul xeral de Cuba, José Antonio Solana Fernández.