ALCALDÍA
Martiño Noriega aposta pola sistematización dunha axenda internacional para Santiago de Compostela que xere retornos para a cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Xulio Ríos. Foi unha primeira toma de contacto a fin de traballar na creación dunha axenda internacional específica para a cidade.
ALCALDÍA
Reunión en Raxoi co consello reitor do Mercado de Abastos de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a conselleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse co consello reitor do Mercado de Abastos.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto ofrece este mércores unha Noite Curta en colaboración con Wosinc
Curtocircuíto ten este ano no festival Wosinc un dos seus socios máis importantes. Durante o noso festival, eles organizarán dous dos concertos que anunciaremos en breve. E, por parte de Curtocircuíto teremos dúas proxeccións moi especiais: unha Noite Curta este mércores 9, a partir das 21:30 horas, e a presentación da primeira película rodada en lingua tuareg xa o xoves en Numax.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Inicio este xoves 10 de setembro dos servizos de comedor e de madrugadores nos centros públicos de infantil e primaria
O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o xoves 10 de setembro os servizos de comedor e de madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.