POLÍTICAS SOCIAIS E DEPORTE
Santiago de Compostela acolle este domingo unha masterclass solidaria de zumba a beneficio dos refuxiados
O domingo 4 de outubro, ás 11:00 horas, o Palacio de Congresos e Exposicións acolle unha masterclass de zumba a beneficio de Médicos sen Fronteiras. Santiago de Compostela forma así parte dun grupo de cidades que organizarán este tipo de evento entre o 4 e o 11 de outubro para axudar aos refuxiados.
DEPORTE
A XIV Camiñada ao Pedroso recadará fondos un ano máis a prol de Uniceff
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a XIV Camiñada ao Pedroso, que se celebrará este domingo 4 de outubro a partir das 10:00 horas. Estivo acompañada de Iñaki Bilbao, presidente da sección de Montaña do Club Deportivo Fontiñas, organizador da proba, e de Eva Tejo, responsable de Alianzas Corporativas en Galicia de Uniceff, organización a cuxos programas irá destinada toda a recadación por quinta edición consecutiva.
CULTURA
A Comisión de Cultura da Deputación da Coruña destina case 400.000 euros a varios proxectos relevantes para Compostela
A Comisión de Cultura, Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña vén de aprobar importantes proxectos para Santiago, que agora terán que recibir luz verde definitiva do pleno do organismo provincial. A Deputación acordou destinar á capital galega varias partidas por un importe total de 396.000 euros.
CONVIVENCIA
Comezan os contactos para modificar a Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Uso da Vía Pública
O Goberno local vén de poñer en marcha a maquinaria para modificar a Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Usos da Vía Pública. Así se acordara por unanimidade no Pleno ordinario do mes de setembro, co obxectivo de "garantir os dereitos fundamentais de colectivos e entidades que organicen actividades na cidade de Santiago, tanto no relativo a facilitar a conexión eléctrica nos eventos, na regulación e devolución urxente de fianzas e garantías económicas depositadas e noutros aspectos que na...
ACCIÓN CULTURAL
Cancelada a función de "Te elegiría otra vez"
A promotora de Te elegiría otra vez vén de informar ao Concello que se cancela a función deste domingo 4 en Compostela por cuestións técnicas da propia compañía. Esta función ía celebrarse no Auditorio Abanca dentro do ciclo Teatro 2015. Dende a Concellaría de Acción Cultural lamentamos as posibles molestias ocasionadas con esta decisión allea a nós.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Manolo Dios quere impulsar un Proxecto Educativo de Cidade participado por profesores e educadores
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, convocou esta mañá aos voceiros dos grupos municipais para trasladarlle o Proxecto Educativo de Cidade (PECi) que quere impulsar dende o Departamento de Educación neste curso 2015-2016.