CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis de alcoholemia e drogas do 10 ao 16 de agosto
A Policía Local de Santiago adhírese a unha nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), desta vez á de control da taxa de alcohol e da presenza de drogas en condutores. Os controis realizaranse a vindeira semana, entre o 10 e o 16 de agosto.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en "Música en Compostela" cun novo concerto este venres no Auditorio de Galicia
No marco da 58º edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto este venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, contarase coa colaboración do violista nacido en Sri Lanka e de nacionalidade británica Ashan Pillai.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Xan Duro: "A prioridade é ter unha depuradora e que supoña os menores custos para os cidadáns de Santiago"
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que o Goberno municipal espera ter a finais deste mes de agosto toda a información que permita adoptar unha decisión definitiva sobre a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR). En calquera caso, dixo, o que xa ten é a opinión, tanto de técnicos municipais como de empresas externas, que aseguran que a situación da EDAR no Souto vai supor un maior custo de mantemento.