ACCIÓN CULTURAL
O Mago Romarís presenta "As macetas máxicas chinesas" dentro de Verán na Rúa
O programa de actividades en agosto da Concellaría de Acción Cultural, Verán na rúa, presenta este mércores 26 As macetas máxicas chinesas, do Mago Romarís. Será a partir das 19:30 horas na praza de San Martiño Pinario (se chove o espectáculo trasládase ao Teatro Principal). Ten unha duración de 45 minutos e está dirixido a todos os públicos. Xa o xoves, poderemos ver a Bamb-Alas, á mesma hora pero na praza da Quintana, coas que pechamos o programa deste 2015.
IGUALDADE
Marta Lois reitera a aposta do Goberno local por políticas de xénero transversais e transformadoras
As concelleiras de Igualdade de Santiago, Marta Lois, e da Coruña, Rocío Fraga, reuníronse en Raxoi. A xuntanza foi unha primeira toma de contacto para tecer redes de colaboración e buscar puntos de encontro no ámbito das políticas de igualdade, marcadas como puntos estratéxicos polos novos gobernos locais das dúas cidades.