CONSORCIO
O Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, pioneiro en España e con sede en Santiago, comezará a funcionar o vindeiro ano
O Consorcio de Santiago está a traballar na restauración, rehabilitación e posta en valor da antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba para a súa conversión en Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, único no territorio nacional. O centro está promovido pola Fundación Laboral da Construción, en colaboración co Consorcio de Santiago, e conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento.
CULTURA
Vinte e unha compañías na XIX edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director de AGADIC, Jacobo Sutil, presentaron esta mañá a XIX edición do Festival Internacional de Títeres, Galicreques. Fixérono acompañados do director do festival, Jorge Rey, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou. Esta edición do festival celebrarase do 27 de setembro ao 5 de outubro en diferentes espazos da cidade e contará coa presenza de 21 compañías chegadas de diversas partes do mundo. Títeres para nenos...
SERVIZOS SOCIAIS
A Unidade de Atención ás Migracións organiza seis obradoiros prácticos de cociña internacional de setembro a decembro
A concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, acompañada pola responsable da Unidade Municipal de Atención ás Migracións (UAMI), Carmen Peñamaría, presentou A cociña do meu veciño, un programa de seis obradoiros prácticos de cociña internacional que se realizarán de setembro a decembro.
TURISMO
Mario Sandoval, Premio Nacional de Gastronomía, en Compostela Gastronómica
Compostela Gastronómica, I Festival da Cociña Galega, recibe este mércores 24 de setembro a Mario Sandoval, Premio Nacional de Gastronomía 2013. O chef madrileño estará na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos, onde ofrecerá un relatorio para expoñer o seu punto de vista acerca da combinación entre tradición culinaria e innovación.
TURISMO
Santiago de Compostela vive o seu mellor verán turístico da última década, só superado polo Ano Santo 2010
Entre xullo e agosto, os establecementos hoteleiros de Santiago sumaron 305.395 pernoctacións, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). É a mellor cifra de pernoctacións en Santiago dende o 2005, só superada polo Ano Santo 2010, cando a festividade xacobea permitiu que se alcanzase o récord histórico da cidade no verán. Esta cifra representa un crecemento acumulado nos dous meses de verán de 24.432 pernoctacións respecto o mesmo período do ano pasado, un 8,70% máis.
CULTURA
Néstor Pardo, primeiro concerto do recén nomeado ciclo Blues Nite by 1906
O coruñés Néstor Pardo será a primeira proposta do recen nomeado ciclo Blues Nite by 1906. O ciclo foi posto en marcha o ano pasado polo Concello de Santiago e agora muda o seu nome tras o acordo entre o Concello e 1906. Este mércores 24, presentarase a programación completa do ciclo para o que queda de ano nunha rolda de prensa e, xa pola noite, teremos a primeira das propostas, o concerto do coruñés Néstor Pardo.
CULTURA
Estrea absoluta de "Despois do tranvía" na Zona C e función de "D.E.P." no Principal
A axenda cultural para este mércores 24 trae dúas propostas dentro do Bono de Teatro Galego. Ás 20:30 horas teremos na Zona C a estrea absoluta de Despois do Tranvía, dirixida por Carlos Neira e que poderemos ver de novo de xoves a venres. E ás 21:00 horas poderemos ver, en función única e no Teatro Principal, D.E.P., de Malasombra Producións.