ALCALDÍA
O Concello destinará máis de 1,2 millóns de euros de remanentes a un plan de actuacións urxentes e sustentables na cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a posta en marcha dun plan de choque de actuacións sustentables e urxentes na cidade, por importe de 1,27 millóns de euros. Trátase dunha cantidade procedente do remanente de 5,2 millóns de euros dos orzamentos de 2013. O resto, algo máis de 4 millóns de euros, destinarase a amortizar débeda.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio de España inauguran a exposición "15 fotógrafos, 15 cidades únicas"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España aposta nesta ocasión pola fotografía, dando cabida á especial mirada de 15 fotógrafos que foron elixidos, despois dun arduo proceso de selección, polos seus magníficos traballos fotográficos en torno a cada unha das cidades españolas incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o valor de "Os tesouros da illa de Granellandia" para achegar a obra e figura de Granell ao público infantil
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou na Fundación Granell a exposición Os tesouros da illa de Granellandia, que reúne as ilustracións do conto homónimo, do escritor e xornalista Paco López-Barxas. A obra fora publicada en 2012 polo Consorcio de Santiago, en colaboración con El Patito Editorial, con motivo do centenario do nacemento do pintor surrealista.
CONSORCIO
Os máis pequenos poderán xogar a "Onde está Wally?" esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago
O Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) promove esta fin de semana tres novos obradoiros didácticos para nenos de entre 6 e 12 anos. Os máis pequenos teñen así a oportunidade de achegárense á historia da cidade a través de xogos.