NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Foliada das Letras na praza de Cervantes
A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, participou na Foliada das Letras, organizada dentro da campaña gañadora do II Premio de proxectos de publicidade comercial en galego do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
A Deputación inviste 42.000 euros na promoción e dinamización de Santiago
A Deputación volve apoiar a promoción e dinamización da cidade de Santiago de Compostela a través dun acordo coa Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental por valor de preto de 42.000 euros.
ALCALDÍA
Agustín Hernández demanda unha maior oferta de alimentos accesible para os celíacos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausurou no Auditorio de Galicia a Xornada de portas abertas sobre "A enfermidade celíaca e o etiquetado dos produtos sen glute".
DEPORTES
Quinta proba do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan na Cidade da Cultura
Celebrouse a quinta proba do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, desta vez cun percorrido polos arredores da Cidade da Cultura. Como acontecerá coas anteriores, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, tampouco faltou a esta cita atlética.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu ao primeiro partido da tempada do Arteal na Superdivisión masculina de tenis de mesa
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Multiúsos Fontes de Sar ao partido da Superdivisión masculina de tenis de mesa entre o Arteal Santiago e o Oroso TM.
TURISMO
Presentadas no Mercado de Abastos as Feiras das San Lucas de Mondoñedo
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu no Mercado de Abastos á presentación oficial das Feiras das San Lucas 2014 de Mondoñedo.