TURISMO
Compostela promociónase esta semana en Escocia
A concelleira de igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa esta semana en diversos actos en Edimburgo (Escocia) para promocionar Santiago no mercado escocés. A xuntanza enmárcase dentro das actividades de promoción que realiza o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España(GCPHE).
SAÚDE
O Consello Municipal de Saúde demanda un novo plan de mellora da atención primaria e amosa o seu apoio á sanidade pública
As persoas integrantes do Consello Municipal de Saúde ofreceron hoxe unha rolda de prensa para dar conta da declaración aprobada polo organismo na xuntanza do pasado martes. Na comparecencia participaron a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández; os representantes de PSOE e BNG no organismo, Mila Castro e Rubén Cela, respectivamente; Ramón Ramos, da Asociación Galega de Saúde Mental; José María Dios, da plataforma SOS Sanidade Pública; María...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local acorda expedientar á empresa responsable das obras de pavimentación de Ponte Marzán-Cruceiro de Sar
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar un expediente sancionador á empresa responsable das obras de rexeneración do pavimento da calzada das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar, ante o incumprimento das condicións establecidas no contrato.
ALCALDÍA
Visto para sentenza o xuízo no que o Concello lle reclama á familia Franco a devolución das estatuas do Mestre Mateo
Esta mañá quedou visto para sentenza o xuízo contra a familia Franco, despois de que o Concello de Santiago lle reclamara a devolución das dúas estatuas do Mestre Mateo que ten no seu poder. A vista celebrada esta mañá no Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid derívase da demanda que o Concello interpuxo contra os herdeiros do ditador en outubro de 2017, tras recompilar a documentación que demostra que as dúas figuras son propiedade municipal.
MEDIO AMBIENTE
Bota a andar "Ecosfera", o novo programa municipal de educación ambiental
A Concellaría de Medio Ambiente pon en marcha un novo programa de educación ambiental, con accións dirixidas de xeito específico aos centros escolares e outras abertas ao público en xeral. As actividades do Ecosfera botarán a andar o próximo sábado, cunha visita guiada á lagoa de Cornes.
IGUALDADE E MEDIO RURAL
O Concello impulsa catro novos programas de empoderamento das mulleres do rural
Os concelleiros de Medio Rural e de Igualdade, Rafael Peña e Marta Lois, presentaron hoxe tres novas accións que ambas concellarías impulsan durante os vindeiros meses en varias parroquias do rural compostelán.