ALCALDÍA
O alcalde reivindica o enlace orbital como elemento clave para garantir a conectividade norte da cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acudiu esta mañá ao acto de posta en marcha da ampliación da AP-9 no tramo "Santiago Norte- Santiago Sur", que inclúe tamén a inauguración dun ramal que conectará a AP-9 coa autovía a Lavacolla en sentido saída (dirección A Coruña).
COMERCIO
Xoguetes, xoiería de autor en prata, téxtil e doces artesáns, entre a oferta do Mercado de Nadal na derradeira quenda
O Mercado de Nadal renovou o pasado 1 de xaneiro os seus expositores. Quince novas propostas procedentes de Santiago e concellos limítrofes, así como de Mos, Cambre, Bueu, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ordes e Oleiros. Trátase da sexta e derradeira quenda, que estará no Mercado ata o 6 de xaneiro.
NADAL
Derradeira oportunidade para gozar dalgunhas das actividades destacadas da programación de Nadal
O Carrusel do Obradoiro abre as súas portas por derradeira vez mañá xoves, 4 de xaneiro. Nesta xornada tamén terá lugar o segundo e último Paseo Scórpio. Música e o Espazo Creativo do Mercado de Nadal completan a oferta do día.
ACCIÓN CULTURAL
"Letras ao Camiño" despídese en Compostela
O Centro Cívico do Romaño acolleu este mércores o acto de clausura da exposición itinerante Primeira Década das Letras. Esta mostra ten como obxectivo facer un achegamento actualizado á obra dos escritores aos que foi dedicado o Día das Letras Galegas nas súas dez primeiras edicións. O programa, promovido pola Asociación Cultural O Ferrado de Asados (Rianxo) compleméntase co Proxecto Poetas Descoñecidos.
MEDIO AMBIENTE
Colectores de recollida de roupa e calzado
En 2017 e a través dunha licitación reservada a centros especiais de emprego, o Concello de Santiago adxudicou a recollida de roupa e calzado á empresa de inserción laboral Arroupa.
IGUALDADE
Minuto de silencio polo asasinato de Diana Quer
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o de Diana Quer, cuxo corpo foi localizado este pasado domingo en Rianxo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Última semana do Programa Municipal de Conciliación de Nadal
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se celebra dende o mes de decembro no CEIP das Fontiñas.
MEDIO AMBIENTE
Recollida e tratamento de lixo
O modelo actual de recollida no Concello de Santiago de Compostela é o chamado de catro fraccións, con contedores situados de forma xeral por toda a extensión xeográfica do municipio: Vidro, contedor verde; envases lixeiros, contedor amarelo; Papel e cartón, contedor azul; resto ou rexeitamento.
NADAL
O segundo día do 2018 trae actividades de Nadal para todos os públicos
O segundo día do 2018 tráenos a última ocasión para gozar dunha das actividades da programación enfocadas para a familia. Ademais, continúan outros destacados da oferta deste Nadal como a pista de patinaxe sobre xeo e o Mercado de Nadal.