DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A terceira edición da Maker Faire Galicia celébrase esta vindeira fin de semana na Cidade da Cultura
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a terceira edición da Maker Faire Galicia, acompañada da organizadora do evento, Matilde Rodríguez. A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase do 24 ao 26 de novembro na Cidade da Cultura.
ACCIÓN CULTURAL
"Pororoca", de Constantin Popescu, estrea en Cineuropa
Será o Teatro Principal de Santiago de Compostela o lugar escollido para a estrea galega de Pororoca, o novo filme de Constantin Popescu, programado para este martes ás 19:45 horas. Segundo José Luis Losa, director de Cineuropa, esta película "marca territorio dende a planificación desa soberbia secuencia de arranque, nun parque: seguimos a un pai e á súa filla. Asistimos a esa perda en diferido nun estado de tensión máxima porque Popescu sabe como xerar inquietude, incerteza, como prepararanos para a.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Costa-Gavras recibiu o Premio Cineuropa
O cineasta franco-grego Costa-Gavras recibiu este sábado o Premio Cineuropa pola "capacidade que o seu cinema posúe para recolocarse unha e outra vez na máis ardente disidencia" e o seu incisivo labor de cronista dos grandes conflitos políticos e sociais do mundo occidental, que concorda plenamente co leit-motiv desta edición. O director recibiu o galardón de mans do alcalde, Martiño Noriega, e recibiu o aplauso en pé do público que encheu o Teatro Principal.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día Mundial da Infancia con diversas actividades para centros escolares
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou este venres as actividades que levará adiante o Concello con motivo do Día Mundial da Infancia. Xunto a Concha Fernández estiveron Marta Andrade, de Unicef Galicia, e Alejandro Quiñoá, da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACP). Un dos actos principais será a celebración este luns 20 de novembro, ás 11:00 horas, no Pazo de Raxoi, dun pleno infantil.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación das obras de reurbanización da rúa das Cancelas
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das obras de reurbanización da rúa das Cancelas, no contorno da subestación eléctrica. Trátase dunha actuación na que se van investir algo máis de 200.000 euros, e que, tal e como lembrou o alcalde, "responde a unha demanda histórica da veciñanza".
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Cineuropa rende homenaxe a Costa-Gavras
O cineasta franco-grego Costa-Gavras recibirá este sábado o Premio Cineuropa pola "capacidade que o seu cinema posúe para recolocarse unha e outra vez na máis ardente disidencia" e o seu incisivo labor de cronista dos grandes conflitos políticos e sociais do mundo occidental, que concorda plenamente co leit-motiv desta edición. A cita con Costa-Gavras será ás 19:30 horas no Teatro Principal. O acceso é gratuíto previa retirada de convite no despacho de billetes do mesmo Principal. Un día antes da...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda incorporar á EDUSI a redacción de seis proxectos de reordenación de viarios
A Xunta de Goberno acordou hoxe seleccionar o programa de "Reordenación do viario municipal" para a súa tramitación ante o Ministerio de Facenda co fin da súa inclusión na EDUSI. A operación, na que se inclúe a redacción de seis proxectos, está orzamentada en 200.000 euros, dos que 160.000 procederían de fondos FEDER.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Santiago comparte no Congreso REDEL as experiencias locais en economía circular
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou esta mañá do Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local" (REDEL) sobre a aplicación de novos modelos económicos ao eido local. O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e experiencias que se están a realizar nos municipios e comarcas participantes.
CONVIVENCIA
A Policía Local detén un menor cando intentaba roubar no interior dun vehículo
A Policía Local vén de deter un mozo menor de idade, cando intentaba roubar no interior dun vehículo na rúa Agustín Sixto Seco do Castiñeiriño. O rapaz foi sorprendido cando lanzaba unha pedra contra o cristal do turismo por un axente de paisano que o viña seguindo tras comprobar que estaba observando o interior dos coches estacionados na rúa coa lanterna do seu móbil.
ACCIÓN CULTURAL
O Premio Antonio Fraguas busca un ano máis as mellores investigacións sobre o traxe galego
A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello de Santiago e do Centro Comercial Compostela, convoca a XXIII edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Tradicional Galego. Os mellores traballos analíticos e descritivos sobre esta indumentaria serán galardoados un ano máis con 1.200 e 600 euros, respectivamente.