ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música celebrará o seu 170 aniversario cun amplo programa de actividades
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou este venres as actividades nas que está traballando a Banda Municipal de Música para conmemorar o se 170 aniversario. Na rolda de prensa tamén participou o director da formación, Casiano Mouriño.
POLÍTICAS SOCIAIS
Aprobada a resolución da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de materiais e actividades extraescolares
A Xunta de Goberno aprobou hoxe, nunha convocatoria extraordinaria, a resolución da convocatoria das bolsas de comedor escolar, adquisición de materiais, e actividades extraescolares.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica as obras de mellora da eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago está a traballar na fachada oeste do Pazo de Raxoi, de cara a mellorar a súa eficiencia enerxética. A primeira fase, xa iniciada, céntrase no exterior. E agora o organismo acaba de adxudicar as obras de mellora das fachadas interiores á empresa Cabero Edificaciones, S.A., por un importe global de 277.815,29 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle este sábado a estrea da ópera "Il segreto di Susanna"
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) estrea mañá sábado, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, a súa segunda produción operística: Il segreto di Susanna (O segredo de Susana). A produción reunirá en escena ao Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ao actor e dramaturgo Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e ao barítono Javier Franco. O Concello de Santiago colabora nesta peza, que conta tamén co patrocinio da...
ALCALDÍA
O Goberno pecha no Ensanche os encontros "Ao vivo" deste ano
O alcalde e os concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno mantiveron hoxe o último "Encontro ao vivo" do ano, desta vez coa veciñanza do Ensanche. O acto tivo lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o peregrino 300.000
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Andrew Larkin, un mozo estadounidense, que se converteu no peregrino 300.000 de 2017, cifra que supón un récord histórico para o Camiño. No acto tamén participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.
COMERCIO
A segunda mostra de "Comercios emblemáticos" estará aberta ata o 4 de febreiro en Afundación
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inauguraron esta mañá a segunda edición de Comercios emblemáticos, unha iniciativa posta en marcha polo Concello o pasado ano para premiar e homenaxear aos establecementos comerciais máis significativos de Compostela.
TURISMO E ACCIÓN CULTURAL
Arranca a sexta edición do Mercado da Estrela
O Mercado da Estrela arranca mañá venres e permanecerá aberto ata o domingo 17. O evento, polo que en 2016 pasaron 10.000 persoas, chega a esta sexta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde recolle as demandas da Asociación Empresarial do Tambre
O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza coa Asociación Empresarial do Polígono do Tambre, para recoller as demandas da principal área industrial da cidade. Xunto con Martiño Noriega, na reunión participaron o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no Encontro Estatal de Guías Oficiais de Turismo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os/as participantes no III Encontro Estatal de Guías Oficiais de Turismo.