NADAL
Os Reis Magos realizaron unha "viaxe das marabillas" por Compostela
As rúas de Compostela acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, que este ano se celebrou baixo o lema "A viaxe das marabillas". Máis de 450 figurantes, 160 deles persoas voluntarias, 25 agrupacións artísticas e seis carrozas integraron a comitiva de Melchor, Gaspar e Baltasar.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica a Valle-Inclán no 83 aniversario do seu pasamento
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e representantes da Casa Museo de Valle-Inclán, entre outros, renderon hoxe unha sentida homenaxe ao escritor Ramón María del Valle-Inclán no cemiterio de Boisaca, coincidindo co 83 aniversario do seu pasamento.
XUNTA DE GOBERNO
Concedidas dúas licenzas para acometer actuacións no interior da Catedral
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta hoxe dos asuntos tratados na primeira Xunta de Goberno ordinaria do 2019. Os acordos inclúen varias licenzas, devolución de fianzas e os traspasos de dúas casetas da Praza de Abastos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Un total de 36 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos participaron durante este Nadal do Programa Municipal de Conciliación
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, clausurou este venres unha nova edición do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, no que participaron 36 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
ALCALDÍA
O Estadio Municipal de San Lázaro xa leva o nome de Verónica Boquete
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto polo que o Estadio de San Lázaro pasa a denominarse Estadio Municipal "Verónica Boquete" de San Lázaro. A cerimonia de descubrimento da nova nomenclatura contou coa presenza da protagonista, a futbolista compostelá Verónica Boquete.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este mesmo xoves en Laredo (Cantabria).
FACENDA
O Concello conta dende este mércores coa prórroga do orzamento, que alcanza os 92 millóns de euros
Os centros xestores do Concello de Santiago contan dende onte coas partidas do orzamento prorrogado, que alcanza a 92 millóns de euros. A concelleira María Rozas sinala que "prorrogar o orzamento do ano pasado supón case 20 millóns de euros menos en relación á proposta levada a pleno o pasado sábado, xa que non se poden prorrogar todas as partidas".
POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
Seis entidades reciben as axudas municipais de cooperación ao desenvolvemento
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe das seis entidades beneficiarias da segunda convocatoria de axudas municipais de cooperación ao desenvolvemento, dotada con 120.000 euros.
CONSORCIO
A RFG celebra este venres o seu tradicional Concerto de Reis cun programa moi popular e festivo
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional Concerto de Reis. A cita será o venres 4 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. A batuta levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel. O ensaio xeral do concerto, que terá lugar o propio venres ás 11:00 horas, estará aberto ao público ata completar o aforamento.
DEPORTE
O Concello destinou preto dun millón de euros en 2018 a investimentos en instalacións deportivas
A concelleira de Deporte, Noa Morales, fixo balance en rolda de prensa dos investimentos e das principais actividades desenvolvidas polo Departamento de Deportes no ano 2018, que foi un ano marcado "por importantes obras en moitas instalacións deportivas da nosa cidade". Así, o Concello investiu preto dun millón de euros en obras "moi necesarias, xa que Compostela conta con numerosas instalacións deportivas que precisaban un importante esforzo na súa renovación".